Amancio Ortega supera Bill Gates como a persoa máis rica do mundo

A fortuna do fundador de Inditex supera xa os 71.800 millóns de euros.

Amancio Ortega
photo_camera Amancio Ortega

O fundador de Inditex, Amancio Ortega, superou o empresario Bill Gates como a persoa máis rica do mundo na listaxe que elabora anualmente a revista 'Forbes', que vén de actualizar o ranking de 2015 en base á evolución da cotización das empresas.

A fortuna de Ortega aumentou en 3.600 millóns de euros (un 5,3% máis) desde a anterior actualización desta listaxe, e xa é de 71.892 millóns de euros. Amancio Ortega era cuarto na clasificación de persoas máis ricas que se fixo pública en marzo pasado.

O co-fundador de Microsft, Bill Gates, ten un patrimonio neto de 70.300 millóns de euros e é a segunda persoa máis rica. En terceiro lugar, o inversor estado-unidense Warren Buffet, con 58.100 millóns.

Comentarios