Abanca aumenta os seus beneficios en 46% mentres segue a fechar oficinas

Rexistrou un beneficio atribuído de 209,8 millóns de euros durante os nove primeiros meses deste ano.
Mobilización contra o fechamento de sucursais de Abanca en varias localidades galegas, sobre todo do rural (Foto: M. Dylan / Europa Press).
photo_camera Mobilización contra o feche de sucursais de Abanca en varias localidades galegas, sobre todo do rural (Foto: M. Dylan / Europa Press).

Abanca rexistrou un beneficio atribuído de 209,8 millóns de euros durante os nove primeiros meses deste ano, o que supón un incremento do 46% respecto dun ano antes, grazas fundamentalmente ao aumento dos "ingresos recorrentes, ao control de gastos e á contención do custo do risco".

En concreto, os ingresos recorrentes seguen gañando peso trimestre a trimestre na conta de resultados de Abanca, segundo resaltou a entidade. Grazas á boa evolución da marxe de intereses, que creceu un 7,6%, e dos ingresos por prestación de servizos bancarios, que o fixeron nun 9,8%, a marxe básica rexistrou un incremento do 8,2%.

A entidade resaltou que afronta a etapa de recuperación e transformación da economía desde unha posición de fortaleza financeira acreditada pola "máxima" calidade dos seus activos (cociente de morosidade do 1,9% e nivel de adxudicados sobre balance do 0,3%), os seus "elevados" niveis de cobertura (85,4% en activos dubidosos e cociente Texas do 26,9%), o seu "robusto" nivel de capitalización (cociente de capital total do 17,3% e 1.571 millóns de exceso sobre requisitos regulatorios) e a súa "cómoda" posición de liquidez (cociente LTD do 95,7% e 15.107 millóns de euros.

Actualmente, 43 concellos galegos non dispoñen de ningunha oficina bancaria e outros 114 só contan cunha sucursal

Estes  beneficios dánse ao tempo que Abanca desenvolveu nestes meses unha política de feches de oficinas e sucursais, nomeadamente no rural. 

O feche de entidades bancarias e a supresión de servizos asociacidos ameaza con castigar a economía das localidades máis pequenas da Galiza e de elevar a dependencia da veciñanza do rural, privada dun recursos de proximidade esencial para o seu desenvolvemento. Cómpre lembrar que os bancos destruíron 5.500 empregos e fechou máis da metade das oficinas na última década na Galiza

Hai 43 concellos galegos non contan con oficina bancaria. A Galiza perdeu na última década 51,52% das sucursais bancarias. Segundo os datos achegados polo Banco de España, o groso dos fechamentos están asociados aos grandes movementos de concentración financeira da primeira vaga de fusións, nun proceso especialmente lesivo para as áreas rurais.

Actualmente, 43 concellos galegos non dispoñen de ningunha oficina bancaria e outros 114 só contan cunha sucursal, sendo algúns destes últimos onde se preparan novos fechamentos. A este fenómeno contribúe o proceso de dixitalización e, particularmente, a situación de oligopolio na que operan algunhas entidades.

Comentarios