A concesionaria de limpeza do Hospital Lucus Augusti recorta un 30% do soldo ao persoal

A empresa aplicou a medida sen previo aviso e sen que houbese un cambio na contrata co Sergas. Os sindicatos presentaron dous conflitos colectivos contra o que cualifican de "atropelo"
Lucus augusti
photo_camera Lucus augusti

A empresa concesionaria do servizo de limpeza do Hospital Lucus Augusti vén de aplicar, sen previo aviso e de forma unilateral, un recorte desde agora e até decembro de 300 euros na nómina dos e das súas traballador@s. Unha decisión que se produce sen que houbese un cambio nas condicións de contrata que a empresa ten co Sergas para prestar o servizo. Alén disto, a empresa xustifica a medida coa escusa do recorte aos e ás empregad@s públic@s.

O comité de empresa, en que están CIG, CCOO e UGT, xa deu os primeiros pasos para contrarestar o que cualifican de "atropelo" presentando dous conflitos colectivos. A empresa non compareceu no acto de conciliación do primeiro deles.

Asemblea e mobilizacións

O persoal da empresa acordou en asemblea  que o comité enviase un escrito de protesta ao xerente da empresa e solicitase reunión coa dirección-xerencia do HULA para expor esta situación. Tamén acordaron un calendario de mobilizacións con cocnentracións en diferentes días.

@s traballador@s critican o que consideran "un roubo salarial que só serve para enriquecer os propietarios da marca, e de forzar a presenza da empresa na conciliación que queda pendente”.

Comentarios