51 concellos lucenses queren que as enerxéticas paguen un canon por utilizar o dominio publico

Cobrar un canon ás empresas enerxéticas pola utilización do “dominio público”. Esta é a intención de 51 concellos lucenses –dos 67 que hai na provincia- que veñen de subscribir un acordo coa Deputación para procurar a posibilidade de elaborar unha ordenanza municipal que, unha vez aprobada en cada un dos municipios, posibilitará fixar este canon.

LUZ

As empresas enerxéticas, tanto de gas como de electricidade, non pagan nada pola utilización do solo público, manifestou o presidente da entidade provincial, Darío Campos. De aí o acordo cos 51 concellos para realizar un estudio técnico e xurídico que permita fixar un canon ao respecto.

A finalidade é que as ganancias e beneficios que obteñen as empresas eléctricas e gasísticas repercutan tamén nos propios concellos onde desenvolven a súa actividade grazas ao uso do dominio público.

Comentarios