200.000 persoas na Galiza cobran un soldo inferior ao SMI

O Goberno estatal, a patronal, UXT e CCOO comezan hoxe a negociar a contía do Salario Mínimo Interprofesional (SMI) para 2024. Porén, ningunha das propostas se achega ao disposto na Carta Social Europea, que obriga a fixalo en 17.542 euros anuais.

Dous obreiros traballaban esta terza feira nunha parcela do municipio de Noia destinada á construción dun futuro edificio de vivendas (Foto: Nós Diario).
photo_camera Dous obreiros traballan nunha parcela do municipio de Noia destinada á construción dun futuro edificio de vivendas (Foto: Nós Diario).

Axentes sociais e o Goberno español chegan con propostas diferentes á mesa de negociación do SMI. Mentres a Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE) defende por boca do seu presidente un SMI anual de 15.573 euros para 2024, a Unión Xeral de Traballadores (UXT) aposta por situalo arredor de 16.800 euros. Neste contexto, Comisións Obreiras defende unha suba “nitidamente por riba do IPC xeral”, que as estimacións colocar perto de 3,8%.

As alternativas a debate entre os sindicatos do ámbito estatal e a patronal están por baixo do disposto na Carta Social Europea. A este respecto, o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, sinala que para cumprir coa normativa comunitaria, o SMI debe situarse en 17.542 euros anuais. Neste punto, “lamenta  que o Goberno español, a patronal, UXT e CCOO estean nunha nova cerimonia de debate e de confusión para non cumprir a Carta Social Europea”.

O salario mínimo interprofesional (SMI) sitúase na Galiza en 2023 en 15.120 euros anuais; porén, 85.558 traballadores e traballadores pertencentes ao Réxime Xeral da Seguridade Social reciben unhas retribucións por baixo desa contía. A situación é aínda máis preocupante no caso dos empregados e empregadas que cotizan polo Réxime Espacial de Traballadores Autónomos (RETA), até o punto que 115.944 deles reciben uns salarios por baixo do SMI.

88.558 asalariados e asalariadas declararan uns ingresos por baixo do SMI. Segundo os datos da Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT) para 2021, 33.413 homes e 52.145 mulleres rexistran un salario por baixo de 15.120 euros ao ano. Ademais, 30.425 traballadores e traballadoras afiliadas ao Réxime Xeral da Seguridade Social perciben unhas retribucións inferiores a 14.000 euros ao ano. Nesta situación, atópanse 11.586 varóns e 18.839 mulleres, sendo a parcialidade un dos factores que agudiza a fenda de xénero.

Os ingresos de 46.681 asalariados e asalariadas atópanse entre 14.000 e 15.000 euros anuais. Asemade, desde 2009 asístese a un crecente incremento da desigualdade como consecuencia de acudir á desvalorización interna para a xestión da Grande Recesión.

Neste sentido as rendas da poboación situada na parte máis alta da táboa (máis de 10 veces o SMI) medraron o dobre que o dos restantes grupos, até o punto que o salario medio anual dunha persoa situada neste intervalo de ingresos equivalía no ano 2009 a 67 da parte máis baixa da táboa, aumentando esta equivalencia até 93 en 2021.

Autónomos

A AEAT sinalaba en 2021 que os ingresos anuais de 115.944 traballadores por conta propia estaban por baixo do SMI. Neste sentido, 13.374 deles declaraban unhas rendas netas anuais pola súa actividade entre 6.380 e 8.400 euros. A maiores, 22.184

Comentarios