Máis de 350 atletas participarán no Campionato galego de Campo a través

A Illa das Esculturas en Pontevedra acollerá esta fin de semana a proba. Participarán atletas de alto nivel en numerosos clubs de toda Galiza. 
Competición de campo a través realizada na Coruña (Federación Galega de Atletismo).
photo_camera Competición de campo a través realizada na Coruña (Foto: Federación Galega de Atletismo).

O Campionato da Galiza de Campo a través que terá lugar esta fin de semana en Pontevedra, conta xa con máis de 350 atletas coa inscrición realizada.

A xornada, organizado pola Federación Galega de Atletismo, Concello de Pontevedra e a Sociedad Gimnástica de Pontevedra, terá lugar no circuíto das Illas das Esculturas na cidade do Lérez.

Contará coas modalidades individual, clubs e relevos mixtos que xuntarán as categorías Sub16, Sub18, Sub20, Sub23 e absoluta. 

Atletas de gran nivel

Unha das principais atraccións será poder presenciar en directo á plusmarquista galega dos 1.500 Obstáculos, 1.000 m. e 3.000 m., Xela Martínez quen parte como clara favorita para defender o título conseguido o ano pasado na Rúa.

Xunto ela estará tamén na defensa do seu título o gañador Sub16 do 2020 Iván Rego da Atlética Lucense.

Contará coas modalidades individual, clubs e relevos mixtos

No apartado de equipos terán un especial seguimento o Gimnástica de Pontevedra nos relevos mixtos e categoría absoluta masculina e o ADAS Proinor na absoluta feminina.

Tamén estarán en Pontevedra o Atletismo Narón na categoría Sub20 masculina; Real Club Celta e Atlética Lucense na Sub18 masculina e feminina; así como ao Ourense Atletismo en ambas categorías da Sub16,  gañadores todos eles en A Rúa.

Comentarios