A Irmandiña optará a todo no Estatal de Ciclocrós 2024

Irene Trabazo liderará desde hoxe a 'Armada Galega'.
Irene Trabazo é das estrelas da selección galega. (Foto: FCG).
photo_camera Irene Trabazo é das estrelas da selección galega. (Foto: FCG).

A localidade vasca de Amurrio acolle desde o día de hoxe e até o próximo domingo, 14 de decembro, o primeiro Campionato de España do 2024, o de ciclocrós.

Na gran cita estatal do inverno a selección galega presentarase con 24 ciclistas, unha convocatoria da que preto de 70% do total está integrada por cadetes e xuvenís. 

O combinado confeccionado polo seleccionador nacional, Alberto Del Río, está liderado polos elites Samuel González (Máis que Bicis), gañador da Copa Galiza e que esta campaña obtivo bos resultados na Copa de España; e Irene Trabazo (XSM), quen é a terceira clasificada a día de hoxe na xeral da Copa de España e que vén de participar en varias carreiras do máximo nivel mundial en Bélxica e nos Países Baixos.

Con respecto ao Sub-23, as catro competidoras escollidas foron Anxo Carril (Froiz), Laura Mira (Team Farto), Sarela Conde (Maceda) e Borja Gómez (Ponteareas), o pioneiro do ciclismo inclusivo, que se unirá ao grupo o último día.

Baixando á categoría júnior, Del Río contará con cinco homes e tres mulleres: Antonio Casal (Cambre), Santiago Otero (XSM), Alejandro García (Maceda), Raúl Puelles (Betanzos), Martín Díaz (Betanzos), Aroa Otero (Froiz), Lorena Patiño (XSM) e Marta Estévez (tamén do Club Ciclista XSM).

As máis novas serás as corredoras da categoría cadete (Alba Grégores, Alejandra Neira, Diego Valladar, Lucas Blanco, Pedro Liaño, Lucas Lozano, Rodrigo García, Xián Alvariño, Xiana Seijo), que contrastan co Máster-40 Moisés Leboso, ex profesional en estrada que achegará a súa experiencia e velocidade nunha volta do Team Relay, a proba de remudas por equipos na que a Galiza conseguiu un título e un subcampionato nos dous últimos anos.

Damián Ramós será da partida no Mundial 

O Mundial de Paraciclismo será este próximo 2024 en Adelaida (Australia), e o seu inicio está previsto tan cedo como mañá, estendéndose até o 17 de xaneiro. 

Vixente campión de Europa de fondo na clase C4 de bicicleta adaptada, o coruñés do Lasal Cociñas-Louriña abrirá en territorio oceánico un ano no que o seu gran obxectivo serán os Xogos Olímpicos de París, para o cal o Mundial podería achegarlle uns puntos moi valiosos.

Comentarios