Víctor Fernández, novo adestrador do Dépor

En apenas 48 horas o Deportivo pasou de ter como adestrador a Fernando Vázquez a ter a Víctor Fernández, quen será presentado ás 19 horas. O aragonés estaba sen equipo desde que saíu do KKA Gante (Bélxica) en 2013.

victor-fernandez
photo_camera victor-fernandez

Víctor Fernández será o novo adestrador do Deportivo da Coruña, engrosando así a lista de treinadores do equipo coruñés que antes pasaron polo Celta de Vigo, como o cesado Fernándo Vázquez ou Jabo Irureta. Fernández será presentado publicamente ás 19 horas desta quinta feira.

En menos de 48 horas, o Dépor cesou a Vázquez e atopou substituto, un adestrador con experiencia en Primeira, onde dirixiu o Zaragoza, Celta, Betis e Tenerife. Adestrou tamén o Oporto (Portugal) e o KKA Gante (Bélxica).

Comentarios