Fútbol

Claudio Giráldez será o novo adestrador do RC Celta

Giráldez toma as rendas do equipo tras a destitución de Benítez.
O novo adestrado do RC Celta, Claudio Giráldez (Foto: RC Celta).
photo_camera O novo adestrado do RC Celta, Claudio Giráldez (Foto: RC Celta).

“Claudio Giráldez é o novo adestrador do primeiro equipo. Moita sorte, míster!”, esta é a mensaxe coa que o RC Celta deu a coñecer quen será a nova persoa que tomará as rendas do equipo celeste despois da substitución de Rafa Benítez.

O até o de agora adestrador da Celta Fortuna, Claudio Giráldez, tomará as rendas do primeiro equipo desde esta cuarta feira, día no que, tras unha xornada de descanso, haberá sesión preparatoria ás 11 horas na Cidade Deportiva Afouteza.

Giráldez, técnico formado nas categorías inferiores do club vigués, dirixirá ao equipo celeste xa este domingo en Sevilla, onde o RC Celta mídese ao conxunto andaluz ás 14 horas no Estadio Sánchez Pizjuán.

O adestrador do Porriño (comarca de Vigo) saltou desde o RC Celta Xuvenil de División de Honra ao filial na campaña 2022/2023, na que, cun equipo dunha enorme mocidade, logrou a clasificación para o playoff de ascenso.

Na actual campaña, e tras 27 xornadas disputadas, o Celta Fortuna é quinto con 47 puntos, uns resultados que avalan a decisión do RC Celta por un adestrador da casa e que coñece a canteira. Pola súa parte, o adestrador do Celta C – Gran Peña, Fredi Álvarez, substituirá Giráldez no filial céltico.

Substituto de Benítez

Apenas unha hora antes de dar a coñecer o novo adestrador, o Real Club Celta anunciou a destitución do adestrador madrileño Rafa Benítez por mor dos malos resultados. "O noso máis sincero agradecemento e ao seu corpo técnico pola implicación, honestidade e profesionalidade que demostraron desde a súa chegada ao club", sinalou o club nun breve comunicado.

Comentarios