A afección do Celta quere o despedimento de Benítez

Os lectores e lectoras de 'Nós Diario' teñen claro por onde pasa o futuro do club.
O técnico madrileño está moi cuestionado. (Foto: EP).
photo_camera O técnico madrileño está moi cuestionado. (Foto: EP).

O Real Club Celta de Vigo deberá agardar até a próxima quinta feira, sete de decembro, para disputar o seu partido da segunda rolda copeira ante o Sestao River. 

Non obstante,a eliminatoria pasa a un segundo plano ante o acontecido a pasada segunda feira contra o Cádiz en Balaídos, onde os celestes non foron quen de pasar do empate e suman xa 11 encontros sen coñecer a vitoria.

Ante este escenario, o fútbol é así, as miradas caen sempre sobre a caluga do adestrador, neste caso un Rafa Benítez que, segundo fontes do club, conta coa confianza da directiva para tratar de reconducir a situación.

Mais, é a parroquia celeste da mesma opinión que o Consello de Administración? A resposta semella negativa, pois nunha enquisa levada a cabo ao longo do día desta terza feira no dixital de Nós Diario, 56,62% das persoas que votaron -no momento de escribir estas liñas- cren que "Benítez non pode seguir á fronte do equipo logo deste inicio de tempada e sen visos de que vaia mellorar".

No estremo contrario, 37.93% cren que o preparador madrileño "non é o principal responsábel da situación e pode lograr a reacción do equipo", mentres que unicamente 3,45% "non ten claro" se destituiría ou non a Benítez.

Comentarios