O Celta pide reforzos tras a xira americana

A xira americana do Celta de Vigo rematou onte en California co mesmo marcador que o partido en terras mexicanas. Aspas volveu ser, unha vez máis, o artífice doutro empate que sabe a pouco para un equipo ao que lle faltan novas incorporacións e rodaxe para encarar en condicións a vindeira tempada.
O equipo titular que escolleu Eduardo Coudet para o partido contra o San José Earthquakes (Foto: RC Celta).
photo_camera O equipo titular que escolleu Eduardo Coudet para o partido contra o San José Earthquakes (Foto: RC Celta).

Rematou a xira americana do Celta con outro empate no marcador  após o segundo e último encontro do equipo celeste, desta vez en terras californianas co San José Earthquakes como rival. De madrugada pola hora galega, os pupilos de Eduardo Coudet abriron o marcador cun gol de penalti no minuto 40’ que transformou Iago Aspas.

Pouco durou a alegría para os de Vigo ao chegar o empate cunha acción do peruano Marcos López que igualou o partido cun certeiro remate de cabeza no minuto 44. Remarcar algunhas accións, como o pau que case atopa a rede nun disparo a balón parado do propio Aspas. 

Algúns dos cambios do adestrador celeste neste partido consistiron en dar minutos a Iván Villar na portaría e introducir a Óscar Rodríguez no lugar de Williot Swedberg. Ademais, no minuto 74 produciuse o debut no Celta do estadounidense Luca da Torre.

Nesta ocasión o Celta comezou con Iván Villar en portaría; con Hugo Mallo, Tapia, Carlos Domínguez e Javi Galán na defensa, un centro do campo con Beltrán e Óscar polo interior e Solari e Gabri Veiga polas bandas, deixando o ataque para Baeza e Iago Aspas, no segundo tempo Kevin ocupouse do lateral dereito tras o descanso, no 67 Coudet meteu no campo a Miguel Rodríguez, en punta, e a Williot Swedberg na esquerda até a entrada de Luca de la Torre e a participación algúns minutos de Sergio Carreira.

Difícil papel o de Coudet cos actuais vimbios que ten para conformar un equipo solvente que defenda a camiseta esta tempada. Con so 17 futbolistas, o banco do Celta pide a berros máis reforzos.  

Incorporacións para a tempada 2022-23

A lentitude en incorporar novos xogadores ao cadro do Celta explícase pola falta de movementos no propio mercado e as dificultades económicas que arrastra o equipo vigués ao non poder prescindir de fichas como a de Santi Mina ou Denis Suárez.

Polo de agora incorporáronse á disciplina celeste para esta tempada Williot Swedberg, Luca de la Torre, Óscar Rodríguez e Unai Nuñez. Segundo varias fontes, nas últimas horas sumaríanse a chegade Carles Pérez, procedente da Roma. 

O futbolista catalán comezou no equipo italiano no verán 2020 procedente do FC Barcelona a cambio de 13 millóns de euros. Disputou 76 partidos oficiais, nos que fixo oito goles e repartió sete asistencias, mais non contou coa confianza do seu adestrador, José Mourinho, polo que a etapa galega podería relanzar a súa carreira deportiva. Ademais, o Celta tería unha opción futura de compra.  

Comentarios