O Celta dá inicio aos actos de celebración do Centenario na Cidade Deportiva Afouteza, en Mos

A cidade deportiva do Celta está situada no lugar de Tameiga, onde existe unha comunidade de Montes que lembra as obras que alí se realizaron por parte do club son “ilegais”.
O ex presidente do RC Celta, Carlos Mouriño. (Foto: RC Celta).
photo_camera O presidente do RC Celta, Carlos Mouriño, intervén durante o acto do club polo seu centenario na Cidade Deportiva Afouteza, en Mos (Foto: RC Celta).

O 23 de agosto de 1923, fúndase o celta de Vigo tras a fusión do Vigo Sporting e o Fortuna na Biblioteca Pública Juan Compañel. Esta cuarta feira, 23 de agosto de 2023, fanse 100 anos daquela fusión e do consecuente nacemento de Celta de Vigo.

Para conmemorar esa data, o celta inicia as celebracións cun acto na cidade deportiva Afouteza (Mos) ao que asistirán, entre outras persoas, o presidente do club, Carlos Mouriño, o presidente do Parlamento galego, Miguel Santalices ou o secretario xeral para o Deporte da Xunta, José Ramón Lete.

"Cada xesto tróuxonos até aquí, cara a un presente ilusionante. O futuro está por escribir e farano outros que amarán o Celta tanto ou máis que nós pero a paixón e identidade será a mesma", dixo Mouriño durante o seu discurso.

"Somos un sen fin de fermosas e tristes historias. As fermosas enorgullécennos. As tristes uníronnos", agregou.

Non obstante, o acto non está exento de polémica xa que decorrerá na cidade deportiva Fouteza, un terreo de Mos cuxa veciñanza reclama para si.

A cidade deportiva está situada no lugar de Tameiga, onde existe unha comunidade de Montes que cualifica as obras que alí se realizaron por parte do club como “ilegais”.

Membros da Comunidade de Montes de Tameiga cualifican a situación de “provocación” e por iso están a asinar alegacións para intentar parar o proxecto.

Lembran ademais que o goberno local de Mos permitiu o “despropósito urbanístico da construción dun edificio de case 3.000 m2 , cando pola cualificación do solo rústico de especial protección, só podían construírse uns pequenos vestiarios e almacéns”.

Comentarios