Carballo acolle a segunda proba da Copa de España de Ultramaratón

O certame desenvolverase o próximo 18 de xuño
O percorrido será de 151 quilómetros. (Foto: RFECÇ9.
photo_camera O percorrido será de 151 quilómetros. (Foto: RFECÇ9.

A segunda proba da Copa de España de Ultramaratón arranca este sábado, 18 de xuño, ás 8.30 horas desde o municipio de Carballo. Os e as corredoras emprenderán, desde o Forum, un percorrido de 151 quilómetros e 3.900 metros de desnivel positivo acumulado que transcorrerá polos montes e camiños rurais das localidades de Carballo, Laracha, Arteixo, Malpica de Bergantiños, Ponteceso, Coristanco, Cabana de Bergantiños, Zas e Santa Comba. 

Nove portos de montaña

As ciclistas terán que facer fronte a un total de nove portos de montaña, e terán a posibilidade de recuperar forzas nos cinco puntos de  avituallamento estabelecidos ao longo do itinerario pola organización, a cargo do Club Ciclista Monteneme.

 

Anna Ramírez (VIC-ETB) e Francisco Ferreiro (Cannondale  TB) lideran a clasificación xeral tras facerse co triunfo na primeira proba do certame, disputada en León o pasado 2 de abril.

Alén das líderes, esta proba contará cun amplo número de candidatas ao triunfo final, como son Brandan Márquez (V Bike), Javier Busto (Extol  MTB Team), Álvaro Nieto, Estefanía Gutiérrez (Cares Deva), Marta Ballesteros (Conway CDC Trujillo) ou María Teresa Barreira (Extol MTB  Team). 

Ángel Suárez volve ao podio en Leogang

Un piloto vigués segue escribindo páxinas no gran libro da historia do descenso galego. Ángel Suárez pisou o podio da Copa do Mundo o pasado sábado por segunda vez na súa carreira, acadando a terceira posición no circuíto austríaco de Leogang.

O piloto olívico detivo o cronómetro en 3.30.370, un rexistro que só melloraron os británicos Danny Hart (Cube Factory) e Matt Walker (Madison Saracen). Con este resultado, o vixente campión estatal ascende até o sétimo posto na xeral.

Comentarios