Os primeiros xornais en galego: A Fuliada

Continuador de O Antroido e na mesma liña satírica, crítica e literaria, aparece pouco despois outro semanario en galego que leva o nome de A Fuliada. De feito, fai constar na cabeceira “Ano II”, cousa que unicamente se xustifica considerando os dous semanarios como un só. Ademais, o grupo editor era o mesmo, arredor do impresor Amenedo Ponte, co tipógrafo A. Vázquez Taboada de armadanzas e director, se ben non figura como tal. Entre os colaboradores aparecen os poetas Bieito Losada e Roque Pesqueira, que xa publicaran en O Antroido. No número oito aparece colaborando Pondal co poema “A fada dos montes”, versión moi corrixida do que o ano anterior incluíu –sen título– na súa obra Queixumes dos pinos.
Cabeceira d´A Fuliada. (Foto: Arquivo municipal de Betanzos)
photo_camera Cabeceira d´A Fuliada. (Foto: Arquivo municipal de Betanzos)
Textos de A Fuliada betanceira I A Sala do Criminal da Audiencia da Cruña ditou xa fallo na causa siguida sobre desórdenes alcurridos nesta cibdá fai dous anos, con motivo da esaución do…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Comentarios