A obra de Vidal Bolaño 'Rastros' xirará da man de Blanco Araúxo

20 anos após o pasamento de Roberto Vidal Bolaño, o director Lois Blanco Araúxo xirará pola Galiza cunha adaptación da obra do dramaturgo galego 'Rastros'.
A actriz ourensá Antea Rodríguez protagonizará a obra. (Foto: Lois Blanco Araúxo)
photo_camera A actriz ourensá Antea Rodríguez protagonizará a obra. (Foto: Lois Blanco Araúxo)

Após o vinte aniversario do seu pasamento, a compañía Condetrespés en coprodución co Centro Dramático Galego interpretará Rastros de Roberto Vidal Bolaño

A adaptación será dirixida por Lois Blanco Araúxo. A peza teatral estréase a sexta feira 4 e o sábado 5 de marzo, ambas as representacións ás 20.30h no Teatro Principal de Compostela.

O dramaturgo, figura fulcral da cultura e o teatro galego, foi homenaxeado co Día das Letras Galegas en 2013. É por iso que, desde sempre, Lois Blanco Araúxo, admirador da obra do compostelán, decidiu levar a cabo a adaptación teatral da súa obra Rastros

Nela, a pretensión do autor é trasladar a obra ambientada a finais do século XX, na época actual. En palabras do director: “Pór a Vidal Bolaño no noso século, é por en valor seguramente ao noso mellor dramaturgoRastros, se o escribise un autor inglés, sería un dos clásicos do teatro contemporáneo”.

A obra xirará por toda a Galiza

A estrea na capital galega dará paso a unha xira por toda a Galiza. Rastros deixará a súa pegada en Vimianzo, Carballo, Cee, Narón, Ourense, O Barco de Valdeorras, Viveiro, A Estrada e Redondela, finalizando o percorrido o 27 de maio no Teatro Rosalía da Coruña.

O elenco que representará a obra está formado por catro actores e actrices galegas formadas na Escola Superior de Arte Dramática de Vigo: Antea Rodríguez, Muriel Pernas, Pablo Carrera e Mateo Franco.

Diego Valeiras será o director do espazo escénico, mentres que Dani Juncal estará a cargo do deseño de iluminación e Javier Gey Fungueiriño do son.

Comentarios