A mostra 'Sombras Atlánticas' de Anxo Cabada xa pode verse no Museo de Pontevedra

A mostra reúne retratos en branco e negro de artistas de distintas xeracións, modalidades artísticas e territorios, todas e todos con nacemento ou residencia na Galiza.
José Manuel Rey e Anxo Cabada no Museo de Pontevedra (Foto: Deputación de Pontevedra).
photo_camera José Manuel Rey e Anxo Cabada no Museo de Pontevedra (Foto: Deputación de Pontevedra).

O Museo de Pontevedra acolle a exposición Sombras Atlánticas con rostros da pintura e da escultura galegas fotografados por Anxo Cabada. Nos últimos catro anos, o propio Cabada percorreu os estudios de 34 artistas por toda a Galiza acompañado dun pano negro para fotografar no seu contexto as persoas que configuraron a imaxe plástica do país nos últimos 50 anos. O resultado dese traballo pode verse desde onte no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.

A mostra reúne retratos en branco e negro de artistas de distintas xeracións, modalidades artísticas e territorios, todas e todos con nacemento ou residencia na Galiza.

"Unha homenaxe"

José Manuel Rey, director do Museo, destacada que “a exposición é unha homenaxe ás persoas que crean beleza a través dunha serie de magníficos retratos que funcionan de maneira illada pero que gañan presenza no diálogo que se estabelece entre eles”.

Nas fotografías en gran formato que compoñen a mostra poden verse as e os artistas nalgúns casos na compañía dalgunha das súas obras, noutros casos cos materiais que empregan no seu traballo. Tamén hai imaxes tomadas en lugares de inspiración ou referencia. Polo obxectivo de Anxo Cabada pasaron un número parello de mulleres e homes artistas que marcaron a arte galega nas últimas décadas do século XX e no que vai do XXI. 

Como sinala José Manuel Rey, “a mostra dialoga coa exposición permanente do Museo, na cal podemos encontrar a obra de varios dos e das artistas retratadas, como Acisclo Manzano, Ánxel Huete ou Almudena Fernández Fariña.

Os proxectos de Anxo Cabada

Anxo Cabada, natural de Sabucedo (A Estrada). Leva fotografando o territorio galego durante anos en proxectos nos cales abordou diferentes temáticas como, entre outras, o mar, a terra e as vilas galegas. NAlgúnoutro dos seus proxectos tamén se centrou en retrar escritoras e escritores galegos.

Comentarios