Leilía despídese nos escenarios no Culturgal

Leilía compartirá co público, no Culturgal Expandido a Vigo, as súas emocións ante a inminente xira de despedida ‘Anque me vou non me vou’. Un título que chama xa a fantasiar con futuros retornos, mesmo antes de que teñan marchado. O do Expandido será un petisco do que poderemos ver no seu concerto en Culturgal o 2 de decembro, unha ocasión única para dicir adeus ás pandeireteiras tras máis de trinta anos sobre as táboas.
Vigo ofrecerá un petisco da despedida de Leilía no Culturgal,
photo_camera Vigo ofrecerá un petisco da despedida de Leilía no Culturgal,

A pasada quinta feira, 23 de novembro, as seis compoñentes de Leilía presentaron, nun encontro con xornalistas no restaurante O Dezaseis de Santiago de Compostela a súa última xira “Anque me vou non me vou” -un título que chama a fantasiar con futuros retornos, mesmo antes de que teñan marchado- e o que será o seu sexto e derradeiro disco, Vidas cantadas

Despois de 34 anos de iniciaren unha aposta pioneira que mudou o panorama musical galego poñendo en valor a música feita por mulleres anónimas deste país, Felisa Segade, Montse Rivera, Merchi Rodríguez, Patricia Segade, Ana Rodríguez e Rosario Rodríguez, din adeus aos escenarios. Neste encontro compartiron información, anécdotas e emocións en torno á súa derradeira xira e a Vidas cantadas que, como elas din, "pecha o círculo". 

As compoñentes de Leilía estarán esta tarde na sede da Deputación de Pontevedra en Vigo, dentro do Culturgal Expandido compartindo co público as súas emocións ante a despedida.

O do Expandido será un petisco do que se poderá ver no seu concerto en Culturgal o 2 de decembro, unha ocasión única para dicir adeus ás pandeireteiras tras máis de trinta anos sobre as táboas.  

Para dicir adeus como se merece, Leilía ofrecerá un espectáculo que percorre a súa traxectoria, que é tamén unha andaina pola historia musical da Galiza, pero vista cos ollos do ano 2023. 

Desde os seus comezos en 1989, as artistas viviron, como pioneiras do novo folk galego, a transformación na situación da música de tradición oral do país. De patrimonio fráxil en esmorecemento, o traballo de recuperación e dignificación de bandas como Leilía foi esencial para darlle a categoría que agora ten o noso tradi. A boa saúde da que goza hoxe, co éxito de bandas como Tanxugueiras, Fillas de Cassandra ou Baiuca, non sería imaxinable sen o camiño que abriron artistas como Leilía. 

Comentarios