Galicreques concéde o seu Premio de Honra a Carlos Clemente Martínez

O artista, propietario da Sala Gurugú e fundador de Danthea Teatro, recibirá o galardón do festival neste 2023 para recoñecer o seu labor no sector ao longo dos anos e a súa implicación con Galicreques.
Carlos Clemente.
photo_camera Carlos Clemente.

O Festival Galicreques, que celebrará en Santiago entre o 7 e o 15 de outubro a súa 28ª edición, fará entrega, como cada ano, do Premio de Honra Galicreques co que se quere enxalzar a traxectoria dunha persoa, dunha compañía ou dunha institución a prol do sector escénico. Neste 2023, Galicreques decide concederllo a Carlos Clemente Martínez Gallego, titiriteiro e propietario da Sala Gurugú. 

Desde a organización do Festival Galicreques ponse en valor, con este galardón, o labor ao longo de 40 anos de oficio de Carlos Clemente Martínez, así como o seu compromiso a favor das artes escénicas en xeral e do teatro de monicreques en particular. Salienta ademais que Martínez Gallego forma parte dunha xeración que lle volveu dar vida ao xénero dos bonecos no inicio dos anos oitenta do pasado século. 

Destaca na súa implicación co sector escénico a súa participación na fundación da Asociación de Titiriteiros Galegos e de UNIMA Galiza despois, así como a apertura e o mantemento da Sala Gurugú ou a creación da compañía Danthea Teatro en 1982. 

 

No ámbito académico diplomouse en estudos avanzados,  titulouse tanto en arte dramática como en declamación e no doutoramento en Estratexias cognitivas de Feitos Culturais. 

Como docente exerceu como profesor de Pedagoxía Teatral da Universidade da Coruña e coordinou a Diplomatura de Pedagoxía do Teatro.
Galicreques celebrará un ano máis a súa programación estendida, precisamente, na Sala Gurugú.

Así, o cartel neste escenario coruñés comezará este mesmo domingo ás 12.00 h.  e incluíra as actuacións de compañías colombianas, arxentinas, murcianas e chilenas.  

Comentarios