Galicreques dá a coñecer as 60 funcións para a súa 28ª edición

O certame decorrerá do 7 ao 15 de outubro.
Membros de Galicreques mostrando o cartaz do festival. (Foto: Arxina)
photo_camera Membros de Galicreques mostrando o cartaz do festival. (Foto: Arxina)

O Festival Galicreques, organizado pola asociación Barriga Verde, organizará en Compostela entre o 7 e o 15 de outubro a súa 28ª edición. O cartaz para este ano foi presentado esta terza feira e confórmano 60 funcións que correrán a cargo de máis de 30 compañías teatrais. "Santiago volve ser o epicentro do teatro dos monicreques e volve selo nun ano en que a programación medra en número de espectáculos e de compañías.

Estamos ante unha das edicións máis amplas da nosa xa longa traxectoria", manifestou na mañá de onte Jorge Rey, director do festival, nunha rolda de prensa na cal tamén participaron Miriam Louzao, concelleira de Capital Cultural do Concello de Compostela; Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais, e Natividade González, deputada de Cultura da Deputación da Coruña.

Rey, durante a súa intervención, destacou a "gran variedade do programa desta edición, que lle brindará ao público compostelán unha radiografía ben definida das tendencias actuais do xénero dos monicreques tanto na Galiza como no ámbito internacional".

Comentarios