Dezanove espectáculos competirán polos Premios de Teatro María Casares

‘Unha inimiga do pobo’, ‘Hamelin’ e ‘O Auto de Castromil’ disputaranse os galardóns de mellor espectáculo e mellor dirección. O premio ao espectáculo infantil decidirase entre ‘Ándale! Bon apêttit!’, de Teatro Ghazafelhos; ‘Backstage’, de NegroLópez, e ‘Crisálida’, de Caramuxo Teatro.

Foto dos finalistas (Foto:  La Diapo / AAAG).
photo_camera Foto dos finalistas (Foto: La Diapo / AAAG).

Dezanove espectáculos competirán en calidade de finalistas por facerse con algún dos 16 galardóns que se entregarán durante a gala dos XXVII Premios de Teatro María Casares, que este ano se celebrará o 21 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña. Así se deu a coñecer onte en Santiago durante a tradicional Festa de Finalistas que tivo lugar na Cafetería Lasso do Auditorio de Galiza.

O espectáculo Unha inimiga do pobo, de Talía Teatro, acadou nove finalistas: espectáculo, dirección (Tito Asorey), actriz protagonista (Marta Lado), actor secundario (Toño Casais), adaptación-tradución, vestiario, maquillaxe, espazo escénico e iluminación; mentres que Hamelin, de Redrum Teatro, logrou seis: espectáculo, dirección (Álex Sampayo), actor protagonista (Machi Salgado), actor secundario por partida dupla (Fran Lareu e Roberto Leal) e iluminación.

Dúas obras do Centro Dramático Galego acadan cinco finalistas cada unha. Son Shakespeare en Roma: actor protagonista (Toni Salgado), actriz protagonista (Sheyla Fariña e Rebeca Montero), vestiario e adaptación-tradución); e tamén Un hotel de primeira sobre o río: actriz secundaria (Raquel Espada e Lidia Veiga), dirección de movemento, vestiario e espazo escénico). 

O Auto do Castromil, de Producións Teatráis Excéntricas, gañadora do Certame Manuel María de Proxectos Teatrais, tamén se sitúa con cinco finalistas: espectáculo, dirección (Quico Cadaval), actor protagonista (Víctor Mosqueira), vestiario e espazo sonoro.

Entrega en man, de Contraproducións, aspira a tres galardóns: adaptación-tradución, maquillaxe e actriz secundaria (María Roja); mentres que por dous compiten as pezas Crisálida, de Caramuxo Teatro (espazo escénico e espectáculo infantil); Vox populi, de Malasombra (iluminación e espazo sonoro) e Deadpan Karaoke (maquillaxe e espazo sonoro).

Cun finalista atópanse outros dez espectáculos, tres deles optan ao mellor texto orixinal: Códice K, de Ainé; A nai, de Amorodio Teatro, e Mosca, de Ártika Cía. Outras tres aspiran ao galardón de monicreques, obxectos e figuras animadas: A teteira de Kabul, de Xarope Tulú; Coliño, de A Xanela do Maxín, e Nanai da China, de Pérez&Fernández.

Pola súa banda, Ándale! Bon apêttit!, de Teatro Ghazafelhos, e Backstage, de NegroLópez, son finalistas no apartado de espectáculo infantil, mentres que Frida, de A Cova das Letras, e Insubmisa, de Antagonista Teatro optan ao premio á mellor dirección de movemento.

Relación de finalistas por montaxes

Unha inimiga do pobo, de Talía Teatro (9 finalistas): espectáculo, dirección (Tito Asorey), actriz protagonista (Marta Lado), actor secundario (Toño Casais), adaptación-tradución (Tito Asorey e Vanesa Sotelo), iluminación (Laura Iturralde), espazo escénico (Dani Trillo), maquillaxe (Martina Cambeiro) e vestiario (Martina Cambeiro)

Hamelin, de Redrum Teatro (6 finalistas): espectáculo, dirección (Alex Sampayo), actor protagonista (Machi Salgado), actor secundario por partida dupla (Fran Lareu e Roberto Leal) e iluminación (Carlos Álvarez-Ossorio) 

O Auto do Castromil, de Producións Teatráis Excéntricas en coprodución co CDG (5 finalistas): espectáculo, dirección (Quico Cadaval), actor protagonista (Víctor Mosqueira), vestiario (Carlos Alonso) e Espazo sonoro (Piti Sanz) 

Shakespeare en Roma, do Centro Dramático Galego (5 finalistas): actor protagonista (Toni Salgado), actriz protagonista por partida dupla (Sheyla Fariña e Rebeca Montero), vestiario (Saturna), adaptación-tradución (Volodymyr Snegurchenko para Coriolano, Ana Carreira para Xulio César, Ana Abad de Larriva para Antonio e Cleopatra e Lorena Conde para Tito Andrónico)

Un hotel de primeira sobre o río, do Centro Dramático Galego (5 finalistas): dirección de movemento (María Torres e Gonçalo Guerreiro), actrices secundarias por partida dupla (Raquel Espada e Lidia Veiga), vestiario (Carolina Díguele) e espazo escénico (Gonçalo Guerreiro) 

Entrega en man, de Contraproducións (3 finalistas): actriz secundaria (María Roja), adpatación-tradución (Cándido Pazó e Santi Romay) e maquillaxe (Martina Cambeiro)

Deadpan Karaoke, de Ibuprofeno Teatro (2 finalistas): maquillaxe (Baia Fernández) e Espazo Sonoro (Mónica de Nut)

Crisálida, de Caramuxo Teatro (2 finalistas): espectáculo infantil e espazo escénico (Diego Valeiras)

Vox Populi, de Malasombra (2 finalistas): espazo sonoro (Carlos Mosquera Mos) e iluminación (Octavio Mas)

 Backstage, de NegroLópez (1 finalista): espectáculo infantil

Ándale! Bon apêttit!, de Teatro Ghazafelhos (1 finalista): espectáculo infantil

Frida, de A Cova das letras (1 finalista): dirección de movemento (Olga Cameselle)

Insubmisa, de Antagonista Teatro (1 finalista): dirección de movemento (Marta Alonso)

Códice K, de Ainé, (1 finalista): texto orixinal (Manuel Cortés)

A Nai, de Amorodio Teatro (1 finalista): texto orixinal (Laura Porto)

Mosca, de Árika Cía (1 finalista): texto orixinal (Gustavo del Río)

Nanai da China, de Pérez&Fernández (1 finalista): espectáculo de monicreques, obxectos e figuras animadas

A teteira de Kabul, de Xarope Tulú (1 finalista): espectáculo de monicreques, obxectos e figuras animadas.

Coliño, de A Xanela do Maxín (1 finalista): espectáculo de monicreques, obxectos e figuras animadas.

Comentarios