DENUNCIA DE ADEGA E MARIÑA PATRIMONIO

Unha plantación de eucaliptos en Riotorto estraga un xacemento romano

Adega e Mariña Patrimonio denuncian que os traballos forestais realízanse riba dunha mina aurífera da época romana en A Muxueira que non está inventariada. 

mina_desprendemento riotorto adega

Adega e Mariña Patrimonio informaron ao Servizo de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia que no lugar de A Muxueira (Riotorto) estanse a realizar traballos de corta e plantación de eucaliptos enriba dun xacemento aurífero da época romana.“Ambas organizacións puidemos comprobar que para eses labores usouse maquinaria pesada poñendo en risco os valores do xacemento. Así mesmo, abríronse novas pistas que lamentablemente están a modificar modificar a morfoloxía da antiga explotación aurífera romana. Este xacemento non está inventariado oficialmente polo que é un ben patrimonial descoñecido para a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural” 

Adega e Mariña Patrimonio afirman que actualmente só están inventariadas algunhas destas minas “nos concellos de Foz e Barreiros, pese a abundancia de xacementos deste tipo na zona oriental da Mariña”. En concreto, din, en Riotorto hai un número impotrtante de explotacións mineiras de época romana, “algunhas de gran espectacularidade e importancia. Na  Muxueira atópanse varias: un grupo delas conforman o que podería denominarse un complexo mineiro, formado por tres grandes trincheiras a ceo aberto: As Grobas, O Palo Ribeiro e  A Chousa do Baño. Esta última é a que se viu afectada polos traballos forestais”.

Estes dous colectivos piden “a inmediata paralización dos labores forestais que afectan o xacemento arqueolóxico”, que se estuden os danos ocasionados, e que se inclúa este complexo mineiro da Muxueira no Inventario de Xacementos Arqueolóxicos da Xunta.

Comentarios