O INCENDIO ESTá CONTROLADO

Arden ao redor de 17 hectáreas en Bens e no Portiño (A Coruña)

Un incendio forestal afecta ao redor de 17 hectáreas nas zonas de Bens e O Portiño, na parroquia de Visma (A Coruña). Trátase dun dos pulmóns verdes da cidade, pois é monte raso.

[Imaxe: @EloyTP]
photo_camera [Imaxe: @EloyTP]

Aínda que o lume comezou a pasada madrugada e ficou controlado ás 10.30h do día de hoxe, segundo datos da Consellaría do Medio Rural, o incendio forestal da zona de Bens e O Portiño reactivouse. O Concello da Coruña asegura que a estas horas a situación está máis calmada e o lume está controlado.

Polo de agora, son ao redor de 17 as hectáreas queimadas nesta zona verde da Coruña, considerada como un dos pulmóns verdes da cidade. De feito, o Concello cumpre a normativa da Organización Mundial da Saúde relativa a zonas verdes grazas, en parte, á superficie de Bens que está calcinarse.

O novo incendio e a dirección do vento cubriron parte da cidade de fume, de maneira que barrios como O Ventorrillo ou a Sagrada Familia ficaron afectados. O olor a queimado e a cinza son perceptíbeis en toda A Coruña e mesmo en Santa Cristina (Oleiros) e Culleredo.

Na extinción do lume están a empregarse ao redor de 250.000 litros de auga e están a mobilizarse catro unidades de bombeiros da Coruña, amais dun mando e varias brigadas da Xunta de Galiza, tal e como informa o Concello.

Comentarios