Galiza, á cola de Europa en I+D

Así o amosan os datos que o grupo de investigación en Análise Territorial vén de presentar en Dinamarca. Os indicadores, que comparan o investimento en I+D en diversas partes de Europa, amosan unha correlación clara entre máis esforzo en I+D  e mellor resistencia á crise.

Os profesores Rubén Lois e Carlos Maciá, membros do grupo de investigación, veñén de presentar en Dimacarca o proxecto SIESTA, que compara o esforzo en investigación e desenvolvemento en diferentes países europeos. O traballo compara o esforzo en I+D realizado por diversas rexións europeas, baseándose para iso nun amplo abano de indicadores. Entre eles, gasto público, privado e empresarial, recursos humanos en ciencia e tecnoloxía, patentes ou poboación entre 30 e 34 anos con estudos universitarios de posgrao.

As conclusións adiantadas polos investigadores son rotundas. Galiza, cunha porcentaxe inferior ao 1% do PIB, segue a ser dos países europeos que menos esforzo fan en I+D. Fica así descolgada dos obxectivos marcados pola estratexia europea EU2010, que ten na investigación e o desenvolvemento un dos ingredientes esenciais para saír da crise mediante un crecemento sostible.

Os mapas elaborados no marco do proxecto SIESTA, e explicados polo profesor Rubén Lois na cidade dinamarquesa de Aalborg, poñen en evidencia unha Europa de dúas velocidades. O novo centro innovador de Europa, amosa a investigación, sitúase ao redor de territorios como os correspondentes a boa parte de Finlandia e Suecia, o sur de Alemaña, a rexión de Tolousse ou os arredores de Londres.

Fronte a estas rexións de vangarda, o escaso esforzo en I+D está a reforzar a condición e periferia dependente no Leste e no Sur do continente, ao igual que na Península Ibérica, coa excepción de Euskai, cunha importante aposta de crecente produtivo ao redor da investigación e o desenvolvemento.

Os resultados foron presentados no seminario “European Territorial Evidence for EU Cohesion Policy and Programming”, sobre territorio e políticas de cohesión na UE. O proxecto SIESTA exporá novos avances do seu traballo este 25 de xuño nunha reunión estratéxica en Bucarest con todo o partenariado que forma parte do proxecto. E, no vindeiro mes de outubro, estará presente así mesmo na conferencia que se realizará en Bruxelas coa Dirección Xeral das Rexións e os Territorios da UE e países candidatos.

Máis en Ciencia
Comentarios