PuntoGAL presenta o seu balance na Biblioteca da Galiza

Antes do día 30 de maio, prazo límite para presentar a documentación perante a ICANN, a asociación PunroGAL presentará nunha mesa redonda o seu traballo ao público.
Presentación do PuntoGal no EuroDIG
photo_camera Presentación do PuntoGal no EuroDIG

A asociación PuntoGAL leva desde o verán do 2006 traballando pola consecución dun dominio propio para Galiza. Desde aquela un cento de entidades e máis de 10.000 persoas sumáronse á iniciativa que teñen outros países como Catalunya. Agora a candidatura para un dominio de internet de primeiro nivel para a lingua e cultura galegas está a piques de remitirse en prazo e forma. A ICANN, o ente que goberna as direccións de internet, pechará o prazo para remitir as propostas o día 30 de maio, mais a Asociación puntoGAL xa completou todos os trámites económicos, técnicos e administrativos para a solicitude do .gal.

A Asociación puntoGAL xa completou todos os trámites económicos, técnicos e administrativos para a solicitude do .gal.

Con motivo da remisión da candidatura do puntoGAL, a Asociación organiza unha presentación e unha mesa redonda na Biblioteca da Galiza o martes 29 de maio ás 12 horas, en que participarán representantes da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, da Fundació Puntcat (que xestiona o .cat, o dominio da lingua e cultura catalás), a Secretaría Xeral de Política Lingüística, Consello da Cultura Galega, EGANET, Asociación Galega de Editores e Código Cero. O acto, segundo informan desde a asociación, servirá tamén para explicar os prazos do exame da ICANN e as futuras formas de rexistro do .gal.

Máis en Ciencia
Comentarios