Cariño mantén a mostra de teatro máis antiga de Galiza

O municipio de Cariño acolle estes días a XXXIV Mostra de Teatro Galego con representacións de teatro infantil e para adultos. Do 7 ao 22 de agosto varias compañías presentarán espectáculo.
Talia Teatro
photo_camera Talia Teatro

Cando unha Mostra de teatro leva tantos anos como a de Cariño é porque hai unha aposta forte por parte de institucións e público pola continuidade.  Comezou daquela o grupo de teatro "Malveira", con poucos recursos e moita ilusión. Foi logo o propio concello quen asumiu este traballo até hoxe.

Teatro para todo público
A primeira semana foi para o teatro infantil con obras como “A Principiña”, de Poéticas Urbanas, “Alicia no País das Maravillas”, “Catro contos da China” e “A Guerra das Galicsias”, de Títeres Cachirulo.

A programación para adultos comeza o o día 19 de agosto coa compañía Carrachanacacha que representaraá  “Comendo pementos de Padrón
con Tarantino”, unha comedia agropunk; o día 20 de agosto a mesma compañía presentará a obra “Gheidi, (só para adultos)”, a historia dunha nena abandonada, de un avó narcotraficante, de un can infiel, dun neno nescavizado que quere ser funcionario, dunha nena que quere una médula espinal e dunha vella fascista que conspira na penumbra; o día 21 de agosto será a compañía Ti e máis eu teatro coa obra  “Para que serven os homes?”, unha comedia escrita a xeito de monólogo; e o 22 de agosto con dobre sesión a cargo da compañía Talía Teatro que representará pola mañá (12:30 horas) a obra infantil “Pequena”, a historia dunha pequena que é xigante; pola tarde a mesma compañía leva a Cariño  “Pelos na lingua”, obra que acadou os premios María Casares e Max ao mellor texto teatral en galego cun argumento que fala do noso idioma. 

Todas as obras terán lugar no Auditorio Municipal, comezarán ás 22 horas, e as de adulton teñen un prezo na billeteira de 4 euros.

Máis en Artes Escénicas
Comentarios