Antón Reixa recupera a movida galega co musical 'Galicia Canival'

Non é unha moda, mais si. A música e a estética dos grupos galegos dos anos 80 volve aos escenarios. Comezou onte en Vigo a xira que lembra a apoteose dunha movida con selo propio.
Galicia Canival, o musical

"Un himno para tres xeracións", é a frase publicitaria escollida no retorno aos escenarios de Antón Reixa lembrando os seus inicios. E pode ser certo se temos en conta o público potencial que quere recuperar a idade de ouro do noso pop rock nacional. O musical mostra unha movida que non tiña nada que ver coa madrileña. A que vivimos nos 80 foi moito máis crítica con temas como a reconversión naval, a represión e un humor propio que saltaba do satirico ao acedo. Cancións de Siniestro Total, Aerolíneas Federales, Los Cafres, Radio Océano, Semen Up, Moncho e mailos Sapoconchos, Golpes Bajos ou Los Limones, por poñer só algúns exemplos dos que protagonizan o libreto de Antela Cid e Fran Peleteiro. Temas que moitos lembrarán neste espectáculo como Bailaré sobre tu tumba e ¿Quiénes somos? ¿De dónde venimos? ¿Adónde vamos?, Sector navalGalicia Caníbal, Malos tiempos para la lírica, Fiesta de los maniquíes, Soy una punk ou Lo estás haciendo muy bien que estiveron nos primeiros postos de vendas nesa época.

A movida dos 80 que retrata Reixa foi moito máis crítica que a madrileña con temas como a reconversión naval e un humor propio que saltaba do satirico ao acedo


Xira e produtos derivados
Galicia Canival comezou a súa andaina en Vigo onte até o 15 de xullo. Logo visitará Compostela (Auditorio de Galiza do 18 ao 21 de xullo), Vilagarcía (Auditorio Municipal do 2 ao 5 de agosto), A Coruña (Teatro Colón do 9 ao 12 de agosto), Madrid (Novo Teatro Alacalá o 13 de setembro) e unha xira de inverno por Galiza con paradas en Monforte (30 de novembro), Pontevedra (6 de decembro), Ourense (14 de decembro) e Lugo. Despois visitará Zaragoza, Bilbo e Barcelona.

Como en calquera superprodución, ao redor deste musical hai toda unha serie de produtos que completan o propio espectáculo. Un libro-disco-cd coa Banda Sonora Orixinal que se podera mercar nos teatros e nos espectáculos ao aire libre e merchandising específico para "Galicia Caníbal, O Musical" que poderá adquirirse ao saír do espectáculo. Mesmo teñen activado na súa web un xogo interactivo co cal poder lembrar ou aprender as letras das míticas cancións da movida. 

Máis en Artes Escénicas
Comentarios