Xaquín Rubido

Xaquín Rubido, presidente da PDRA, no centro da mesa, esta segunda feira na rolda de prensa en Carril (Vilagarcía de Arousa). (Foto: Arxina)
SOCIAL

A mesma consultora que rexeitou o traslado de Ence ao río Ulla acepta agora instalar nel a celulosa de Altri

En xullo de 2021 a Audiencia Nacional estimou un recurso do Concello de Pontevedra e de Greenpeace e declarou ilegal a prórroga que o Goberno español de Mariano Raxoi concedera en 2016 a Ence en Lourizán, na ría pontevedresa. Comezou entón unha disputa entre a empresa, a Xunta da Galiza e o Estado arredor do posíbel traslado da pasteira, algo que Ence sempre considerou “inviábel”
Unha muller sostén crías de bivalvos mortos arrastrados á enseada de San Simón, na ría de Vigo. (Foto: Adrián Irago / Europa Press)
TRABALLO

Está a apertura dos encoros detrás da morte dos bivalvos galegos? Estudos científicos apuntan a unha incidencia de causa-efecto

Medran as exixencias de "luz e taquígrafos" por parte de afectados nas rías sobre os protocolos de aperturas de encoros

Evolución da produción de berberecho na Galiza nos 10 primeiros meses do ano entre 2003 e 2023 (Gráfica: Xaquín Rubido / Pesca da Galiza).
star
ECONOMÍA

A recollida de ameixa e berberecho afunde na Galiza: a produción cae en máis de 60%

A produción de bivalvo sofre unha fonda crise, algo que se referenda nos datos de recollida de berberecho no que vai de ano, mais tamén nos da ameixa fina ou a rubia, moi por baixo da media dos últimos 21 anos durante o mesmo período. O berberecho perdeu este ano 76% da produción con respecto á media entre 2003 e 2023, mentres que a recollida de ameixa fina caeu 67% e a de rubia fíxoo en 64%. 
Navallas mortas aparecidas esta semana na praia da Lanzada, no Grove (comarca do Salnés). (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

O sector do mar exixe atallar a alta mortaldade de bivalvos en Arousa

A Xunta asocia as mortes á temperatura da auga
Xaquín Rubido (Imaxe: RTVE)
SOCIAL

Xaquín Rubido: "Moitos dos buques con mercadorías perigosas teñen bandeiras de conveniencia e non cumpren a normativa europea"

Xaquín Rubido, 'Xocas' (Pontevedra, 1951) é biólogo e investigador. Este docente leva consigo unha longa traxectoria de activismo en materia de medio ambiente, desde a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa á plataforma Nunca Máis, da que é portavoz. Entrevistámolo con motivo do vinte aniversario das mobilizacións históricas que tiveron lugar tras a catástrofe do Prestige.