Chegar 1.000 números sen ti sería imposíbel!
Facer un xornalismo crítico sen máis ataduras que as que nos unen á promoción e defensa dos intereses galegos precisa da túa colaboración. Subscríbete.
Este sábado no CGAI da Coruña proxéctase a curtametraxe ‘Na outra beira das augas grandes’ que o escritor Xabier P. Docampo rodou hai 33 anos para un curso de cinema e que agora vén de recuperar e reescribir a historia.
Xabier P. DoCampo, un dos escritores máis recoñecidos e queridos da nosa literatura, estará o domingo en Compostela para participar na manifestación de Queremos Galego.
Sermos Galiza conta este verán cunha sinatura de luxo. O Caderno de Agosto publicará en cinco entregas, a primeira esta quinta feira, o sorprendente relato de Xabier P. DoCampo Operación monte de lixo, un thriller no que o autor se mergulla no mundo da corrupción.
Agora mesmo chove a cachón. Víase vir. Escoitábase bruar lonxe. O calmozo anunciaba en sucesivas badaladas que a treboada nos visitaría neste sábado de benvida ao verán, esa estación que agasalla a suxerente delicadeza saborosa das cereixas.
“Nacín chairego e suceda o que suceda chairego hei morrer”, dixo Xabier P. Docampo na homenaxe O escritor na súa Terra en Castro de Ribeiras de Lea, na que recibiu da AELG a Letra E e plantou unha cerdeira que forma parte xa da súa Chaira literaria,
Xabier P. Docampo plantará unha cerdeira en Castro de Ribeiras de Lea (Castro de Rei), nos espazos que marcaron a súa infancia. Será na homenaxe Escritor na súa Terra.
O obradoiro “O vento que nos trae as palabras” será unha das actividades coas que o escritor Xabier P. Docampo participa na Ludoferia Internacional de Literatura Infantil e Xuvenil de Valparaíso. A presenza de Xabier P. Docampo súmase á da contadora Paula Carballeira que entra no programa do “Encontro Internacional de contadores de historias”. O festival terá lugar do 23 ao 26 de abril.
A súa decisión súmase á doutras catro persoas que decidiron abandonar a dirección da organización xunto con Martiño Noriega. Nunha carta remitida á Coordinadora nacional asegura que o fai por "convicións éticas".