Xabier P. Docampo e Paula Carballeira participan na Ludoferia de LIX de Valparaíso

O obradoiro “O vento que nos trae as palabras” será unha das actividades coas que o escritor Xabier P. Docampo participa na Ludoferia Internacional de Literatura Infantil e Xuvenil de Valparaíso. A presenza de Xabier P. Docampo súmase á da contadora Paula Carballeira que entra no programa do “Encontro Internacional de contadores de historias”. O festival terá lugar do 23 ao 26 de abril. 

Xabier P. Docampo
photo_camera Xabier P. Docampo

Dentro do “IV Seminario Internacional de Oralidade, Imaxe e Narrativas” que integra a Ludoferia Internacional de Literatura Infantil e Xuvenil de Valparaíso intégrase o obradoiro “O vento que nos trae as palabras” do escritor Xabier P. Docampo que compón, xunto co ,......contadora, directora e escritora Paula Carballeira a presenza galega no relevante encontro chileno. 

A Xabier P. Docampo preséntano no festival de Valparaíso como Premio Nacional 1995 por A casa da luz” e un dos máis importantes autores de literatura infantil e xuvenil en lingua galega, ademais de promotor da nos cultura en todos os ámbitos. Destacan tamén a súa presenza internacional no Interantionales Literatura festival de Berlín, así como en feiras do libro de Bos Aires, Máxico ou A Habana ou nos festivais e encontros de narración de Guadalajara, Bos Aires, Beja, Tenerife e agora tamén en Valparaíso. 

Calofríos de Carballeira 

Co espectáculo “Historias de calafríos”, Paula Carballeira participa no “IV Encontro de Contadores de Historias Valparaíso é un Conto” que terá lugar no parque Cultural de Valparaíso con sesións para todos os públicos polas tardes e para maiores de 14 anos a partir das 20 horas. 

A intervención de Paula Carballeira xirará arredor do medo, con relatos que buscan estarrecer ao público, conseguir o efecto de terror como o clásico xénero dos contos. “Perseguen o calafrío do momento, unha lixeira inquietude, unha sensación e vento frío que te acariña o pescozo. É despois de escoitalos, unha vez que volves a casa e que pensas que as historias que te acaban de contar xa non ten perigo, cando algo fai que as recorde: un son, un golpe”, din na presentación do espectáculo “Historias de Calafríos” de Carballeira. A narradora impartirá ademais un obradoiro no “IV Seminario Internacional Oralidade Imaxe e Narrativas” denominado “Os camiños das historias”. 

No encontro internacional “Valparaíso é conto” participan tamén o xaponés Yoshi Hioki de Japón co espectáculo “Paxaro de cinza”, Martín Céspedes de Bolivia con “Ai as fronteiras!”, Flora Ovalles de Venezuela con “Con-Textos”, Liliana Cinetto de Arxentina, con “Monstros, princesas e outros disparates” ou Alfredo Becker de Chile con “Cántame un conto”. 

Comentarios