violencia machista

O acusado de asasinar a súa muller en Gondomar en 2020 (Foto: Europa Press).
Agora

Ratifican a condena de 21 anos de cárcere para o home que asasinou a coiteladas a súa muller en Gondomar en 2020

O Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) ditou sentenza na cal desestima os recursos interpostos pola defensa e tamén polas acusacións, no caso de Valentín A.B., que foi condenado a 21 anos de prisión por asasinar a súa muller a coiteladas no domicilio familiar de Gondomar (comarca de Vigo), en decembro de 2020, e ratificou integramente a sentenza condenatoria. A sección quinta da Audiencia de Pontevedra, con sede na cidade olívica, ditou sentenza, en base ao veredicto dun tribunal de xurado, pola que impuxo 21 anos de cárcere a Valentín A.B., como autor de asasinato da súa muller, Soledad, coas agrabantes de parentesco e xénero.

Xulgados de Santiago de Compostela. (Foto: Arxina)
Xustiza

Prisión provisional para o detido en Santiago acusado de agredir a súa muller cun coitelo

Segundo as testemuñas, vítima e detido atopábanse na rúa cando chegaron os efectivos policiais. A muller tiña feridas na cara e os brazos e o home portaba un coitelo.
Xulgados de Vigo. (Foto: Europa Press)
Xustiza

Piden nove anos de cárcere para un vigués acusado de violar unha menor coa que convivía

O fiscal tamén solicita unha orde de afastamento de 300 metros e prohibición de comunicarse coa vítima.
Manifestación o pasado 25 de Novembro en Vigo polo Día Internacional contra a Violencia Machista (Foto: Adrián Irago / Europa Press).
SOCIAL

Aumentan 17% as ordes de protección de vítimas de violencia machista na Galiza

Os xulgados galegos que asumen casos de violencia sobre a muller concederon entre xullo e setembro 355 ordes e medidas de protección e seguridade, 16,8% máis que no mesmo período de 2022.
O cruzamento de Concheiros (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Detido un home en Compostela tras acoitelar a súa parella, que foi trasladada ao Hospital Clínico

Segundo explicaron fontes policiais, os feitos ocorreron de madrugada nun domicilio do barrio de Concheiros. A policía local recibiu un aviso para acudir á zona, onde había unha muller ferida na vía pública.
#violencia #violencia_machista #violenciamachista O condenado causoulle todo tipo de malos tratos físicos e psicolóxicos constatados agora pola Xustiza.
Agora

As axudas para fillas e fillos menores de 30 anos de vítimas mortais por violencia de xénero xa poden solicitarse

O Diario Oficial da Galiza (DOG) publicou unha nova convocatoria de axudas dirixida aos fillos e fillas menores de 30 anos de vítimas mortais por violencia de xénero e a mulleres que resultaron gravemente feridas como consecuencia dunha agresión. O orzamento destas indemnizacións para 2024 ascende a 70.000 euros, ampliábeis en funcións das necesidades, e os apoios poderán solicitarse desde esta quinta feira até o 30 de novembro de 2024. Os beneficiarios recibirán 7.000 euros nunha única achega e poderán obter a axuda cada un dos fillos da vítima mortal de violencia de xénero que en data do falecemento da nai sexan menores de idade e convivisen con ela, independentemente da renda familiar.

Sede da Audiencia Provincial da Coruña.
SOCIAL

Piden cinco anos e medio de prisión para un home por romper unha orde de afastamento e agredir a súa ex parella

O relato do Ministerio Público recolle as lesións que sufriu a muller, que ademais presenta unha discapacidade psíquica de 68%, o que a coloca "nunha situación de gran vulnerabilidade".
Manifestación o pasado 25 de Novembro en Vigo polo Día Internacional contra a Violencia Machista (Foto: Adrián Irago / Europa Press).
star
Análise

Non é (só) a denuncia

Marga Tojo é xornalista, escritora e comunicadora.
A concelleira de Xuventude de Compostela, María Rozas, e a responsábel do departamento, Noela Vilas. (Foto: Concello de Compostela)
POLÍTICA

A mocidade decidirá a que destinar 100.000 euros do orzamento compostelán

A Xunta de Goberno local aprobou o protocolo contra a violencia sexual no ocio nocturno
Escena do crime en Sigüeiro, Oroso (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press).
SOCIAL

Convocada para este domingo unha concentración en Vigo en repulsa do crime machista de Oroso

A concentración será ás 19 horas diante do Museo de Arte Contemporánea (MARCO).
Minuto de silencio no Concello de Oroso.
SOCIAL

Minuto de silencio en Oroso en repulsa polo crime de violencia machista

O alcalde fixo unha invitación á "reflexión colectiva". "A promoción de igualdade entre homes e mulleres, a súa construción real e efectiva, corresponde a todos", apuntou.

Judith

Escena do crime en Sigüeiro, Oroso (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press).
SOCIAL

Confirmado como asasinato machista: O octoxenario de Sigüeiro matou a súa muller e despois suicidouse

Os cadáveres pertencen a un home de 88 anos e unha muller de 80. Tal e como informan diversas fontes, foi un familiar quen llos atopou na mañá desta sexta feira, xa falecidos, cando chegou á vivenda, situada na rúa Castaños, sen Sigüeiro, Oroso.
Axentes da Policía Local.
violencia machista

Detido en Vigo un septuaxenario tras agredir á súa muller cunha vasoira mentres berraba "que a ía a matar"

"Tranquila que te vou matar. Isto non queda así", díxolle, segundo denunciou a muller.
Hospital Universitario da Coruña. (Foto: Google)
violencia machista

Evoluciona favorabelmente a muller ferida con arma branca pola súa parella na Coruña

O home segue detido á espera de pasar a disposición dos xulgados.

Pasou o día

Manifestación en Vigo polo 25-N. (Foto: Adrián Irago / Europa Press)
SOCIAL

Tres detidos en Vigo por violencia machista o pasado 25-N, Día contra a Violencia Machista

Un dos detidos agrediu presuntamente a parella en presenza do seu fillo menor.
Recollida de mostras no lugar no que se atopou o cadáver, no polígono das Gándaras do Porriño, a pasada quinta feira. (Foto: Adrián Irago / Europa Press)
SOCIAL

Investigan se hai conexión entre a orde de afastamento que tiña a parella da vítima do Porriño e o seu crime

O Goberno pide "deixar traballar" á Garda Civil para que determine se "existe conexión" entre esta e o "fatal desenlace", un asunto que aínda non se puido confirmar.
A agresión produciuse no número 3 da rúa Tornos da Coruña. (Foto: Google)
SOCIAL

En prognóstico reservado a muller ferida con arma branca pola súa parella na Coruña

A vítima puido saír polo seu propio pé do lugar, se ben está hospitalizada.
Uxía - Amores que matan
CULTURA

Así soa 'Amores que matan', o novo tema de Uxía

“Amores que matan” é unha peza que Uxía compuxo como desagravio a tantas mulleres que son víctimas da violencia machista, "ás que xa non están e ás que saen adiante co apoio de todas nós, coa vontade férrea de denunciar, ser libres e non morrer en vida". Unha composición musical que conta co arranxo da viola caipira de Sérgio Tannus, acompañada dun fermoso e descritivo vídeo da man de Conchi Carro.