As axudas para fillas e fillos menores de 30 anos de vítimas mortais por violencia de xénero xa poden solicitarse

O Diario Oficial da Galiza (DOG) publicou unha nova convocatoria de axudas dirixida aos fillos e fillas menores de 30 anos de vítimas mortais por violencia de xénero e a mulleres que resultaron gravemente feridas como consecuencia dunha agresión. O orzamento destas indemnizacións para 2024 ascende a 70.000 euros, ampliábeis en funcións das necesidades, e os apoios poderán solicitarse desde esta quinta feira até o 30 de novembro de 2024. Os beneficiarios recibirán 7.000 euros nunha única achega e poderán obter a axuda cada un dos fillos da vítima mortal de violencia de xénero que en data do falecemento da nai sexan menores de idade e convivisen con ela, independentemente da renda familiar.

#violencia #violencia_machista #violenciamachista O condenado causoulle todo tipo de malos tratos físicos e psicolóxicos constatados agora pola Xustiza.
photo_camera #violencia #violencia_machista #violenciamachista O condenado causoulle todo tipo de malos tratos físicos e psicolóxicos constatados agora pola Xustiza.
Comentarios