verde

Pachi Vázquez na súa intervención
Galiza

Pachi Vázquez valora adiar a consulta á militancia a Setembro para ter a luz verde de Ferraz

Comité Nacional do PSdeG esta sexta feira. Pachi Vázquez estuda elevar a este órgao a proposta de adiar a consulta á militancia ao mes de Setembro para ter a luz verde de Ferraz. O secretario xeral do PSdeG tería xa pactado con Rubalcaba.

CIG
POLÍTICA

Forte despregamento policial o día en que o Parlamento dá luz verde aos Orzamentos

A oposición a uns orzamentos 'antisociais' fíxose escoitar ás portas do Parlamento por boca de centos de concentrad@s na Rúa do Hórreo, tomada pola Policía a xeito da mellor tradición de cidade ocupada. Cantouse o 'Grandola' de Zeca e o 'Uah' de Suso Vaamonde. Houbo momentos de tensión, cos antidisturbios amagando con cargar contra manifestantes que lembraban que "o Parlamento é do pobo". Vídeo no interior
escocia
INTERNACIONAL

Londres respecta o dereito de Escocia a decidir e dá luz verde ao referendo pola independencia

As cámaras dos Lores e dos Comúns veñen de aprobar o mandato lexislativo polo cal o goberno británico cede ao parlamento escocés a potestade de convocar o referendo pola independencia. A consulta realizarase, tal e como xa pactaran Londres e Edimburgo, en outono de 2014
SOCIAL

Luz verde do PP a que na Galiza impartan aulas docentes que non coñecen a lingua propia

O borrador do concurso de translados topa coa oposición dos sindicatos. Recorda CIG-Ensino que a Lei de normalización lingüística e do propio decreto do plurilingüismo require o deber de manexar o galego en todas as prazas e en todos os niveis educativos
ECONOMÍA

Luz verde en Madrid a unha reforma do traballo aínda máis misóxina

Os votos de PP e CiU converten en lei a reforma laboral que levaba en vigor desde finais de febreiro e contra a cal se mobilizaron na Galiza máis de 200.000 persoas o 29M. Modificacións no acceso ás pensións en relación ás 'lagoas de cotización' e o maior poder outorgado á empresa para decidir de maneira unilateral o 10% da xornada laboral ao ano atacan especialmente ás obreiras
Mundo

''Para nós, pobos indíxenas e sen terra, a 'economía verde' non é a cor do diñeiro''

Remata en Río de Janeiro a Cúpula dos Povos, organizada por movementos activistas e organizacións da sociedade civil para contraprogramar o Cumio da ONU sobre Desenvolvemento Sustentábel e explicar ás maiores economías do Mundo que é iso da 'economía verde'
SOCIAL

Amio ou Silleda: espir un santo para vestir outro

A continuidade da popular feira do gando de Santiago colga dun fío. Unha orde de peche do mercado dada por Conde Roa puña punto e final á súa actividade o 31 de decembro de 2011, mais a mobilización cidadá conseguiu parar os pés ao Concello. Tras acordar c@s gandeir@s un calendario que abranxía todo 2012, o novo rexedor compostelán, Ángel Currás, anuncia máis unha vez o peche do recinto feiral para beneficiar a Semana Verde, cuxa fundación preside Alfonso Rueda
Colectivo poético A Porta Verde do Sétimo Andar
Letras e Ideas

A Porta Verde do Sétimo Andar realizará un encontro artístico o 25 de maio na Coruña


Poesía, música, fotografía e outras experiencias creadoras estarán no Pub Borrazás grazas a este colectivo nado en 2005.
ENERXÍA

Luz verde no Senado arxentino á renacionalización de YPF

Tras máis de 14 horas de debate, o proxecto de lei presentado polo Goberno de Cristina Fernández para expropiar o 51% da enerxética propiedade de Repsol saíu adiante