Centos entoan o 'Grándola' ás portas dun Parlamento rodeado polos antidisturbios

Sigue en tempo real o que acontece ás portas do Parlamento en @SermosGaliza. En breve unha crónica completa.
photo_camera [Imaxe: SG]


Criticados nos debates previos parlamentarios por antisociais, polo seu recorte nos dereitos e servizos públicos e por non sentar as bases para a creación de emprego, as contas da Xunta inician hoxe o seu último trámite no Parlamaento nun pleno que rematará coa súa aprobación cos votos en solitario da maioría absoluta do PP.

Milleiros de persoas manifestáronse nos últimos días en distintas cidades galegas convocadas pola Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos que calificaron os orzamentos como os máis destructivos de dereitos e servizos dos aprobados até o momento mais a esas voces críticas vén de se sumar o presidente dos empresarios galegos, Antonio Fontenla que, en entrevista coa cadea Ser, afirmou que as medidas promovidas polo PP e, de maneira especial, os orzamentos para o presente ano, non están a contribuir á creación de emprego.

As forza da as oposición, PsdeG—PSOE, AGE e BNG coincidiron á hora de criticar que as contas do goberno da Xunta non están encamiñadas á loita co desemprego e que se desbotaran algunhas das medidas presentadas como a maior carga fiscal a quen máis ten. Os fortes recortes en políticas sociais e servizos públicos son tamén algunhas das razóns que levarán á oposición a non dar o seu voto positivo a unhas contas que comezan hoxe a súa tramitación final no Parlamento. O PP deféndese dicindo que son estes os orzamentos que menos decrecen de todas as comunidades autónomas.

A Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos denunciou que estes orzamentos son o “toque de graza” para a destrución de servizos como sanidade e educación e afondan no proceso de privatización. Só en ensino, os orzamentos disminúen un 30% con respecto ao 2009, e un 6,6€ en relación co ano anteior. Xustamente o estudantado e o persoal das universidades galegas, nomeadamente da USC, teñen previsto para esta terza un calendario de mobilizacións que contempla unha concentración de protesta diante do Parlamento desde as 10h e unha manifestación desde a praza do Toural até as portas da Cámara galega ás 13h. De seguido podes consultar as accións convocadas nas cidades:

PARO DE 13 A 17h => MOBILIZACIÓNS CONVOCADAS

A Coruña
- Concentración ás 13.30h na rotonda do campus de Elviña

Compostela
- Asemblea de traballador@s ás 11h na facultade de Historia
- Manifestación ás 13h desde a Praza do Toural até o Parlamento galego

Ferrol
- Concentración ás 13.30h diante da facultade de Humanidades (campus de Esteiro)

Vigo
- Concentración ás 13h diante da reitoría

Comentarios