Urkullu propón que se vote a "unión voluntaria" de Euskadi ao Estado español

Defendeuno no Parlamento de Gasteiz e posteriormente nunha entrevista. "Se non podemos saír da Constitución española [...] propóñase a unión voluntaria desde a libre adhesión", dixo.

Iñigo Urkullu e Joseba Egibar
photo_camera Iñigo Urkullu e Joseba Egibar

O lehendakari, Iñigo Urkullo, defendeu nos últimos días unha proposta de libre determinación baseada na "unión voluntaria" do pobo basco ao Estado español. A proposta achegouna inicialmente no pleno de política xeral do Parlamento de Gasteiz e posteriormente desenvolveuna nunha entrevista. 

Segundo Urkullo, é "o pobo basco o que se constitúe en comunidade autónoma" polo que "levado ao extremo" supón "un exercicio de libre adhesión" baseado na "unión voluntaria". 

A formulación defendida polo lehendakari parte do feito de que "se non podemos saír da Constitución española [...] propóñase a unión voluntaria desde a libre adhesión". Ou o que é o mesmo, "propóñase a pregunta de se os bascos queren seguir unidos ao Estado español, non se queremos independizarnos". Unha idea que, asegura, "pretende dar cauce a que os bascos poidan expresarse sobre o seu futuro". 
 

Comentarios