trata

POLÍTICA

Facenda trata de ''defraudadores fiscais'' @s emigrantes que retornaron á Galiza

A Axencia tributaria reclámalles que declaren as cantidades percibidas en concepto de 'pensión no estranxeiro'. O Bloque revólvese contra esta campaña "de persecución" e exixe non só que se paralicen todos os expedientes abertos senón que se lles devolvan os cartos ás persoas que xa pagaron

POLÍTICA

O Bloque exixe eleccións antecipadas: "O PP é un partido en putrefacción, non pode gobernar"

O BNG exixe a demisión de Rajoy e a convocatoria anticipada de eleccións pois entende que o PP "é un partido en putrefacción". Aliás advirten a Feijóo que de se probar que participou no financiamento ilegal do PP "terá que seguir o mesmo camiño". 

 

Galiza

O PP trata de impedir as manifestacións en Santiago

O goberno municipal do PP está a poñer atrancos para o desenvolvemento de mobilizacións sociais na capital galega. Na manifestación do pasado domingo en defensa do aborto libre e gratuíto un bar tivo que permitir o acceso á rede eléctríca xa que o Concello rexeitou o permiso para o enganche. Só un exemplo dunha práctica xa habitual polo PP. 

Galiza

A declaración da Xunta polo 1 de Maio trata as persoas desempregadas de "indicadores negativos"

O pobo galego, que non comulga con rodas de muíño, tivo moi presente ao presidente nas súas proclamas: desde que 'O amigo do Marcial afunde o naval' que se ouviu en Ferrol até o 'Queremos terra, queremos traballo, queremos o Feijóo pendurado dun carballo' entoado en Compostela