"Non se trata de quitar a Rajoy para que o PP poña outro candidato"

O BNG exixe a demisión de Rajoy e a convocatoria anticipada de eleccións pois entende que o PP "é un partido en putrefacción". Aliás advirten a Feijóo que de se probar que participou no financiamento ilegal do PP "terá que seguir o mesmo camiño". 

 

O portavoz nacional do Bloque, Xavier Vence exixiu a saída de Mariano Rajoy do executivo español e a convocatoria de eleccións "canto antes". Segundo o líder nacionalistas "o PP é agora unha forza en putrefacción que non pode gobernar" polo que desde o BNG non aceptan unicamente a demisión do mandatario. 

"Se se demostra que Feijoó estivo involucrado no financiamento ilegal do seu partido na Galiza, debería seguer o mesmo camiño de Rajoy. Demitir e convocar eleccións"

"Non se trata de quitar a Rajoy para que o PP poña a outro candidato" --como defende o PSOE, para Xavier Vence urxe a convocatoria dun novo proceso electoral e que "a cidadanía se pronuncie", salientou. 

Acorrupción que atinxe ao PP adquire para @s nacionalistas un carácter sistémico e "estrutural" que responde, din, "a un esquema de poder" en privilexio das "elites do Estado" especialmente as madrileñas. Neste senso, instan a Rajoy a saír do gobero e a convocar eleccións pois "está desacreditado". 

Tamén así, desde o BNG lembrar que as últimas informacións publicadas deitan luz sobre a implicación do Partido Popular da Galiza na contabilidade B do partido. Así, de acordo cos datos coñecidos esta fin de semana, importantes empresas galegas terían achegado grandes cantidades de diñeiro á campaña electoral de Manuel Fraga en 2005, data en que Alberto Núñez Feijóo xa asumira a presidencia da formación. 

"O que coñecemos onte sobre o financiamento do PP galego sendo xa responsábel o actual Presidente da Xunta, tamén o sitúa na mesma liña", apuntou o voceiro do BNG, Xavier Vence. Así pois, acrecentou, "se se demostra que Feijoó estivo asemade involucrado no financiamento ilegal do seu partido na Galiza, pois daquela debería seguer o mesmo camiño de Rajoy. Demitir e convocar eleccións". 

Comentarios