A empresa, segundo asegura o sindicato nacionalista, denegou á traballadora a solicitude do teletraballo alegando a inexistencia desta modalidade de prestación do servizo na CRTVG.
Unha sentenza difundida polo sindicato USO recoñece o dereito a realizar a totalidade da xornada laboral desde a casa a unha nai, traballadora dun servizo de atención telefónica, con fillos menores ao seu cargo e os consecuentes coidados.
Os datos aportados polo estudo que a Consellaría de Infraestruturas realizou para elaborar Estratexia galega de mobilidade revelan que as mulleres galegas se desprazan 15% menos que os homes.
O borrador que servirá de norma para teletraballar na Administración galega non gustou aos sindicatos. Cren que pode ser un punto de partida cara a unha proposta "de mínimos" sempre e cando se afonde polo miúdo aproveitando a experiencia destes meses nos que esta fórmula, aseguran, demostrou a súa capacidade de funcionamento nunha situación extrema.
Facenda remite o borrador do teletraballo na Administración galega aos sindicatos para que presenten alegacións coa intención de consensuar un texto a semana que vén.
O Goberno español aproba a norma que rexirá este tipo de traballo non presencial. O control da xornada e o vínculo laboral, principais incertezas que denuncian sindicatos como a CIG.
Meses de pandemia nos que se promoveu desde as Administracións as bondades do teletraballo non serviron, aínda, para fechar unha norma básica xeral que regule esta forma de traballo non presencial no sector público. Os sindicatos alertan de que o 21 de setembro remata a prórroga da actual lei.
Tras a experiencia forzada pola situación de crise sanitaria, os Estados da Unión Europea que non o fixeran antes comezan a lexislar sobre os dereitos e obrigas do traballo a distancia. Esta modalidade vai cobrando forza en todo o mundo, aínda que é nos países do centro e do norte de Europa onde está máis estendida.
A aprobación do estado de alarma en todo o Estado español puxo en primeira liña do ámbito laboral a posibilidade de implementar o teletraballo en numerosas empresas. Máis alá da imposibilidade de que se realice nalgúns sectores, a súa introdución non está exenta de dificultades.
Co parón das empresas, a demanda de enerxía concéntrase nos fogares, onde non só o teletraballo supón un cambio de hábitos, senón que o confinamento tamén leva aparellado un maior consumo de contidos dixitais.
A expansión do coronavirus (COVID-19) está levando a moitas empresas contemplar o teletraballo como unha saída para as súas empregadas en caso de illamento por corentena. Na Galiza, esta práctica está xa bastante estendida, tanto nas firmas privadas como na administración pública.