Talía Teatro

Artur Trillo, con todo o equipo de 'Unha inimiga do pobo', recibindo o premio ao Mellor Espectáculo. (Foto: Laila Pol)
CULTURA

'Unha inimiga do pobo', de Talía Teatro, arrasa nos Premios María Casares de Teatro

‘Unha inimiga do pobo’, de Talía Teatro, gaña sete dos nove galardóns aos que aspiraba: mellor espectáculo, dirección, adaptación-tradución, actriz protagonista, actor secundario, espazo escénico e iluminación.

Escena de 'Morte accidental dun anarquista', en versión de Talía Teatro. (Foto: Rubén Prieto)
star
Teatro: "Morte accidental dun anarquista', de Talía Teatro

A realidade como farsa inxusta

Talía Teatro recolle todo o saber facer de Fo e transfórmao, mitigando a farsa e converténdoa nunha comedia disparatada que nin por un momento cede no afán de retratar iso que chamamos a realidade.
Elenco de 'Morte accidental dun anarquista' na versión de Talía Teatro que se estrea esta sexta.
'Morte accidental dun anarquista' estréase os días 11 e 12 en Santiago

Talía Teatro presenta a súa versión dun clásico da comedia política de Darío Fo

Un clásico do teatro político dun mestre da comedia como Darío Fo, Morte accidental dun anarquista, é unha obra comprometida e valente, mais Fo consegue transformar o seu discurso de denuncia  en acción cómica encaixada en moldes clásicos. Talía Teatro estrea a súa versión en Santiago esta  fin de semana. 
Artur Trillo e Toño Casais nunha escena da obra. Foto: Rubén Prieto
star
Teatro: 'A parábola do angazo', de Talía Teatro

O escenario paradoxal

O mecanismo é o de non subliñar demasiado situacións que non precisan de énfase: o anecdotario sobre o uso do galego dá, de seu, para un manual de socioloxía. Mais na teatralización abonda coa credibilidade que os actores lle outorgan ás personaxes, coa sutil crítica que se agocha detrás dun pretendido retrato de costumes.
Artur Trillo e Toño Casais nunha escena da obra. Foto: Rubén Prieto
A compañía estrea 'A parábola do angazo' no Festival Internacional de Teatro de Carballo

Talía Teatro saca a lingua a pacer

O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo (FIOT) presenta hoxe a estrea do último espectáculo de Talía Teatro, A parábola do angazo, na que a compañía volve a un dos seus temas predilectos: a lingua. Un espectáculo de pequeno formato que ía para monólogo mais que foi medrando para atopar interlocutor. 
osmortosdaquelveran
CULTURA

Talía leva a escena a novela de Casares 'Os mortos daquel verán'

Talía Teatro e o Centro Dramático Galego celebrarán o Día das Letras Galegas cunha aproximación escénica á novela de Carlos Casares, 'Os mortos daquel verán'. 

Que facer?

Moita oferta no San Xoán: humor, música, maxia e teatro

Ateigada vén a oferta desta sexta feira 24 de xuño.