Novo verán, nova edición do caderno 'Máis'
O sol de xullo aviva as ganas de lecer, folgar e troular. E para gozar ao máximo do bo tempo, Nós Diario publica Máis, o caderno de verán para sacar o mellor partido a esta época do ano. Coñece as mellores receitas, a axenda dos festivais e as lecturas imprescindíbeis deste verán con Nós Diario.
Volve 'Máis' para gozar do mellor do verán
'Nós Diario' achega un completo curso en fascículos para iniciarse na horta na casa
'Nós Diario' celebra a semana da prensa
A castaña e unha chea de maneiras de cociñala, este sábado co suplemento 'Gozar'
O novo número do suplemento Gozar, que atoparás este sábado 24 de outubro nos quiosques xunto con Nós Diario, trae unha chea de ideas para preparar na casa co produto estrela do outono galego: a castaña. ‘Elas, as mulleres do mar’, da chef Lucía Freitas, é un artigo que rende homenaxe ás mariscadoras galegas e ás amas xaponesas que manteñen a tradición destes países. O Ratiño, una xoia dos viños brancos galegos, ou o proxecto Roteirríos de ADEGA que une ríos e persoas, son outras das información que atoparás, nun Gozar en que conversamos con Catuxa Irago, do emblemático Pub Avante de Compostela.
O suplemento 'Producir' explica canto e como se debe gastar en pensións
Gozando coas andoriñas
As moedas do reino da Gallaecia
O número 1 do novo suplemento Coñecer achega un artigo asinado por Alexandre Peres Vigo que afonda nunha parte moi importante do noso patrimonio material e documental que continúa fóra da Galiza: as moedas.
'Coñecer', o suplemento de Nós Diario sobre historia, memoria, patrimonio e arte, estréase esta terza feira
As moedas do Reino da Galiza, unha pequena conversa-retrato co último militante da guerrilla vivo ou un percorrido polas Ribeira Sacra e as súas xentes, entre as propostas.
Hoxe o Nós Diario vén co novo suplemento semanal Sermos Galiza
O semanario en papel Sermos Galiza incorpora un especial de Nós Diario
O número 345 do semanario en papel Sermos Galiza chegou esta semana aos quiosques e fíxoo acompañado dunha publicación especial sobre Nós Diario, o novo medio que impulsa a empresa e que verá a luz de maneira continuada desde o 2 de xaneiro de 2020.
"Sermos Escola", un intercambio de experiencias no ensino
Co Sermos Galiza 265 publícase un novo caderno que se suma aos bimestrais Comprendermos –da Fundación Moncho Reboiras–, Sermos Adega –de ADEGA– e Somos Galego –da Mesa pola Normalización Lingüística–. Trátase do Sermos Escola, un suplemento da AS-PG que se publicará cada dous meses.
Un especial de 64 páxinas para celebrar o V aniversario de Sermos Galiza
A próxima quinta feira, 15 de xuño, Sermos Galiza celebra o V aniversario e a publicación do número 250 do semanario co lanzamento dun especial ben carregadiño de entrevistas e análises sobre as temáticas fundamentais do país.
Arqueoloxía ao vivo
Remata agosto e toca despedir o Caderno de Verán. Farémolo viaxando aos xacementos arqueolóxicos deste verán e con entrevista ao novo frontman de Ataque Escampe. "Menos mal que temos a música. O destino dos filólogos é ser camareiros", dinos Roi Vidal, que substitúe como voz e frontman a Álex Charlón
“Comprendermos”, pensamento para o debate e a acción
Esta semana Sermos Galiza estrea un novo suplemento en parcería coa Fundación Moncho Reboiras coincidindo co 40 aniversario do SOG. A quinta feira 30 de abril, o Sermos sairá á rúa con 48 páxinas.