Este sábado no quiosque, Nós Diario trae un novo número do semanario Sermos Galiza mais tamén do caderno Producir, onde expertas e expertos analizan a economía galega desde diferentes ópticas.
A profesora María do Carme García-Negro repara na capa nas subvencións á produción e o regalo das mesmas na Galiza a compañías multinacionais de todo tipo que non son propias e mesmo de retirada, como Alcoa.
Canto e como debemos gastar en pensións?
Eis a pregunta á que responde o economista e escritor Xabier P. Davila nunha completa entrevista en que analiza, entre outras cuestións, como a proposta de fomentar plans de empresa de capitalización se aliña co proxecto neoliberal de privatizar os servizos e prestacións.
Banca pública e reactivación industrial
O economista Joám José Romero Durán fala da necesidade de o país contar cunha banca pública, como ferramenta imprescindíbel para o desenvolvemento; mentres Iago Santos Castroviejo pon o feche a este suplemento co seu artigo titulado Reactivación e política industrial.
O enxeñeiro agrícola Xoán Carballido, o profesor da USC Gonzalo Rodríguez, o economista Manoel Barbeitos, a profesora María Cadaval e o profesor Bernardo Valdês Paços tamén escriben neste número do suplemento Producir.
Xa sabes que se queres estar ao día sobre a economía galega tes que conseguir o Producir que atoparás no teu quioque habitual acompañando Nós Diario. Se aínda non es subscritora ou subscritor podes inscribirte nesta ligazón.