Volve 'Máis' para gozar do mellor do verán

O sol de xullo aviva as ganas de lecer, folgar e troular. E para gozar ao máximo do bo tempo, Nós Diario publica Máis, o caderno de verán para sacar o mellor partido a esta época do ano. Coñece as mellores praias da Galiza, roteiros inesquecíbeis, a axenda dos festivais e as lecturas imprescindíbeis deste verán con Nós Diario
O 'Máis' recomenda paraxes para gozar do verán e achega reportaxes, relatos, entrevistas e unha completa axenda de eventos e festivais.
photo_camera O caderno 'Máis' recomenda paraxes para gozar do verán e achega reportaxes, relatos, entrevistas e unha completa axenda de eventos e festivais.
Comentarios