TRABALLO
CIG, STEG e CSIF acusan Educación de ocultar o acordo
08/xan./24
Recollida de sinaturas entre o profesorado.
O sistema educativo galego viviu esta terza feira a primeira folga da época de Alfonso Rueda como presidente da Xunta da Galiza. A mobilización, impulsada polos sindicatos CIG, STEG e CSIF para rexeitar o acordo asinado entre CCOO, ANPE e UXT e o Goberno galego, reivindicaba reducir as ratios de alumnado nas diversas etapas do ensino e mellorar as condición laborais do persoal docente. A xornada de protesta impactou na actividade dos centros de ensino da Galiza, malia os servizos mínimos impostos por Educación e considerados "abusivos" polos convocantes.