CIG, STEG e CSIF acusan Educación de ocultar o acordo

Recollida de sinaturas entre o profesorado.
Representantes sindicais na Consellaría de Educación esta quinta feira (Foto: Nós Diario).
photo_camera Representantes sindicais na Consellaría de Educación(Foto: Nós Diario).

Os sindicatos CIG, STEG e CSIF comezaron esta segunda feira unha recollida de sinaturas contra o acordo asinado o pasado mes de outubro entre a Xunta da Galiza e outras tres organizacións minoritarias(CCOO, ANPE e UXT), para a redución progresiva de ratios e horarios na educación galega, entre outras medidas.

CIG, STEG e CSIF –aínda que só o primeiro dos tres sindicatos forma parte da mesa sectorial non universitaria– xa emprenderan varias accións de protesta contra este acordo, entre elas dúas folgas xerais na educación pública en outubro e novembro e manifestacións na capital galega. Agora, ás portas das eleccións galegas do 18 de febreiro, iniciaron unha campaña de recollida de sinaturas. 

O obxectivo é "pór de novo o foco no profesorado, dándolle a palabra e a oportunidade de alzar a voz fronte á negativa do Goberno galego a asumir o rexeitamento maioritario" a este texto que incluso contou coa sinatura do presidente galego, Alfonso Rueda

Acordo "oculto"

Ademais, a CIG-Ensino –principal sindicato da ensinanza pública galega– denuncia que a Xunta da Galiza busca "ocultar" o acordo, dado que "non se publicou" aínda no Diario Oficial da Galiza (DOG). Isto, asegura a central sindical nacionalista, demostra o "desprez

Comentarios