Chegar 1.000 números sen ti sería imposíbel!
Facer un xornalismo crítico sen máis ataduras que as que nos unen á promoción e defensa dos intereses galegos precisa da túa colaboración. Subscríbete.
Os votos do PP abondaron para que as emendas á totalidade aos Orzamentos galegos de 2024 fosen rexeitadas onte no Parlamento. BNG e PSdeG pediron máis investimento en servizos públicos e denunciaron a caída do investimento sanitario en relación a 2023, tendo en conta o impacto da inflación.
As protestas en defensa da sanidade pública galega percorreron esta quinta feira múltiples puntos da Galiza. Mentres o colectivo de enfermeiras A Por Todas mobilizábase en todas as áreas sanitarias da Galiza, entidades sociais a nivel local saíron á rúa contra o deterioro da Atención Primaria.
O Sergas e CESM Galicia asinaron un acordo para retribuír o persoal médico que exerza no ámbito público e no privado. É unha medida beneficiosa para a atención sanitaria?