10 datos que evidencian a deterioración da sanidade galega após 14 anos de gobernos do PP
Este domingo hai convocada unha manifestación nacional en defensa da sanidade pública en Compostela. Unha mobilización que se prevé multitudinaria e que quer evidenciar o deterioro ao longo destes anos destes servizos públicos.
“Non hai necesidade”: O PP insiste en desprestixiar a manifestación que apoian milleiros de persoas ante o colapso da sanidade
“O que está a facer o Goberno da Xunta en materia de sanidade é extraordinariamente bo”, asegurou a secretaria xeral dos populares galegos, Paula Prado
Manuel Martín: "O obxectivo da Xunta é deixar a Atención Primaria sen pediatras"
SOS Sanidade Pública ten convocada para este domingo, 4 de febreiro, unha manifestación en Compostela en defensa do sistema galego de saúde. O voceiro da plataforma social, o médico Manuel Martín, explica a Nos Diario os obxectivos da mobilización e analiza a situación actual da sanidade.
Denuncian a vulneración de datos das mulleres que acoden ao servizo de detección do cancro de mama en Compostela
CIG-Saúde lembra á Xerencia que debe garantir a confidencialidade como recomendou ao seu persoal con motivo do Día da Protección de Datos.
Dous anos de espera por unha cita en dermatoloxía para unha revisión anual obrigatoria
O relato da filla dunha paciente de cancro no CHUS: "Non deberían ter que loitar por un servizo en condicións e de calidade"
Comesaña carga contra a protesta de SOS Sanidade e di que só procura "desprestixiar a sanidade pública"
"Grazas pola confianza na sanidade pública": o SMS da Xunta a usuarias ás portas da manifestación contra a súa política sanitaria
Sanidade parabeniza por mensaxe de texto a días da mobilización do 4-F a familias que levaron nestes meses vacinar as súas fillas: "Nunca o fixera"
As listas e tempos de espera dispáranse: máis de 430 días para unha operación de cataratas na área de Ferrol
Unha cuestión son os tempos de agarda recoñecidos oficialmente pola Xunta da Galiza e outra os tempos reais. Un cidadán da comarca de Ferrol relata a Nós Diario os seus 430 días de espera nas listas do Sergas para operarse de cataratas. O seu caso non representa ningunha excepción.
Vigo, A Coruña, Baixo Miño, O Salnés e Pontevedra, sen cobertura de ambulancia? Os sindicatos alertan dese risco
As centrais sindicais alertan que cinco dos principais contratos de ambulancias do 061 poden ficar desertos.
Novas protestas do persoal médico de Urxencias fronte aos "abusos" e a "inmensa sobrecarga"
O motivo das protestas é a sobrecarga que sofren os profesionais destes servizos.Reclaman ao Sergas que renegocie o acordo de 2007.
‘Do rural á mesa’, a proposta do BNG de compra de produto galego para comedores escolares ou hospitais
Ana Pontón anuncia un tícket rural dotado con 15.000 euros anuais e rebaixas nas cotizacións dos emprendedores para impulsar proxectos innovadores no sector agrogandeiro.
O CHUS leva "semanas" sen cubrir 6 radiólogos de baixa mentres hai 17.000 persoas en espera por unha proba
Denúnciao a Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS, que responsabiliza a Xerenacia da situación.
SOS Sanidade advirte da situación de "urxencia" nas áreas sanitarias
Novo colapso nas Urxencias do CHUS: "Están instalados na banalización do maltrato asistencial"
Até 25 pacientes agardando en padiolas e cadeiras de rodas no corredor de acceso e adxacentes agardando, durante horas, a ser atendidas.
A Xunta da Galiza fechou 31 consultorios locais de Atención Primaria, a maioría en zonas rurais
Máis de 33% de consultorios locais de Atención Primaria existentes antes da chegada de Núñez Feixoo á Xunta da Galiza (marzo de 2009) foron fechados, a maioría en espazos rurais. O escaso investimento neste nivel sanitario, con Galiza situada na cola do Estado, está a xerar un empeoramento da calidade asistencial.