As protestas contra os recortes da sanidade na comarca da Fonsagrada fan 27 semanas

O BNG da Fonsagrada leva 27 semanas con concentracións para reclamar unha sanidade digna para A Fonsagrada e Negueira de Muñiz. María Fernández, responsábel local da formación nacionalista, explica que con estas mobilizacións queren deixar claro que "coa nosa saúde non se xoga”. Critica os recortes en Atención Primaria e as súas consecuencias nunha comarca coa poboación avellentada e dispersa.
O BNG alerta nas concentracións das consecuencias dos recortes. (Foto: Nós Diario)
photo_camera O BNG alerta nas concentracións das consecuencias dos recortes. (Foto: Nós Diario)
Comentarios