Referendo 1 de outubro

Papeleta Dani Candal
Vitoria do Si con 90 por cento dos sufraxios face 7,8 do Non

Dous millóns de votos pola independencia de Catalunya

O si gañou o referendo de 1-O por esmagadora maioría, 90 por cento dos sufraxios obtidos. En total, o apoio ao nacimento da República catalá obtivo 2.020.144 sufraxios, face os 176.566 apañados polo non, 7,8 por cento dos votos emitidos. TV3 estimou a participación en 42,3 por cento.

Gaña Catalunya: un estado represor é un estado perdedor

puig
Declaración institucional

Puigdemont: “Os cataláns gañamos o dereito a ter un estado”

O president apela a Europa, que “non pode mirar para outro lado” perante o acontecido este domingo. Anuncia que en breve transladará ao Parlamento so resultados do 1-O para encamiñar a declaración de independencia.

 

Puigdemont compareceu na noite deste domingo arroupado por todos os membros do goberno” “Os cataláns gañámonos hoxe o dereito a ser escoitados”, afirmou, “gañámonos o dereito a ter un estado, unha república”. Puigdemont apuntou que “os demócratas do mundo asistiron á violencia policial ditada polo goberno español” e agradeceu á cidadanía catalá o seu comportamento.

 

Para Puigdemont o Estado escribiu este domingo unha “páxina negra”  da súa historia, respondendo con “violencia e represión”. Unha aposta que o presidnt entende que non debería saírlle de balde ao goberno español, pois cometéronse violacións de dereitos, asegurou. “A UE non pode mirar para outro lado”.

 

Por último, anunciou que o seu goberno vai trasladar ao Parlament os resultados do 1-O “para que se aplique a lei de refrendo”. É dicir, a DUI, declaración unilateral de independencia.

greve vaga ara
INTERNACIONAL

Greve xeral o 3-O en Catalunya

A Táboa democrática, que integra ANC, Òmnium, CCOO e UXT, chama a parar o país a vindeira terza feira, data xa preavisada polos sindicatos alternativos (CGT, Intersindical-CSC, COS e IAC)

Sermos en pleno reconto
INTERNACIONAL

Sermos en pleno reconto

Vitoria esmagodora do SI, por cima de 80 por cento dos votos, no colexio eleitoral da Escola Oficial de Idiomas, en Barcelona. Nova peza da nosa equipa de enviados especiais, Antón Escuredo e Dani Candal.
Rajoy
INTERNACIONAL

Rajoy menospreza o referendo e defende as cargas policiais

 “Había que facer o que había que facer”, asegurou o presidente español, que acusou o independentismo de “adoutrinar crianzas”.

Angela Merkel
INTERNACIONAL

Merkel chama a Rajoy para lle pedir explicacións pola represión contra Catalunya

Primeira reacción de peso na esfera internacional. A chanceler Angela Merkel chamou esta tarde a Mariano Rajoy para lle pedir explicacións pola brutalidade policial contra votantes en Catalunya este 1-O.

Colas votar referendo Ara
INTERNACIONAL

O Govern avanza que no referendo participaron “millóns” de persoas

O portavoz do executivo catalán, Jordi Turull, asegurou que o Estado español deberá explicar nos “tribunais internacionais” a represión deste domingo. Tamén desde o concello de Barcelona informouse de que valoran presentar unha querela criminal contra os responsábeis das “vulneracións de dereitos humanos.

estación de compostela greve de transporte por estrada
INTERNACIONAL

Aumentan as voces que demandan apoiar a greve xeral o 3 de outubro

Sindicatos alternativos rexistraron hai días a convocatoria. Após o acontecido este 1-O novos actores apoian este paso. Está a haber contactos a diversas bandas.

Screen Shot 2017-10-01 at 18.06.33
INTERNACIONAL

Carga policial en AiguaViva (763 habitantes) con gases lacrimóxenos e 10 persoas feridas

A ferocidade represiva das forzas policiais españolas non coñeceu límites este 1-O. Así o testemuña as imaxes servidas polo twitter de Catalunya Radio: nesta pequena vila de apenas 763 habitantes houbo unha carga policial con gases lacrimóxenos e 10 persoas feridas.

Os colexios resisten o embate do Estado
INTERNACIONAL

Os colexios resisten o embate do Estado

Sermos Galiza está en Catalunya para acompañar o desenvolvimento do 1-O. Nesta reportaxe falamos con votantes deste 1-O no colexio electoral da Escola Oficial de Idiomas.

galzia con catalunya4
SOCIAL

Concentracións esta tarde en varias localidades galegas contra a represión en Catalunya

Terán lugar ás 20:00 horas

colas para votar imaxe de Dani Candal
INTERNACIONAL

Crónica de urxencia desde un colexio electoral

Primeira votante do referendo
INTERNACIONAL

Primeira votante do referendo

Sermos Galiza está en Catalunya para acompañar o desenvolvimento do 1-O. Falamos coa primeira persoa que votou no colexio electoral EOI Drassanes, en Barcelona

catalunya referendo feridos
INTERNACIONAL

O Estado aposta na baza represiva máis dura contra o 1-O: 844 persoas feridas

Cargas policiais, utilización de pelotas de goma (prohibidas por acordo do Parlament), requisa de urnas e papeletas, destrozos en colexios electorais por axentes para acceder aos mesmos... O goberno español xoga a carta da represión máis dura contra o refrendo. Porén, a mobilización social mantén vivo o 1-O.

576_1506844744DLCYKrFXUAAPt3T
INTERNACIONAL

Puigdemont di que o Estado “perde máis do que perdera” e Colau pide a demisión de Rajoy

Dani Candal referendo
Colas para votar nos colexios que se manteñen abertos

A mobilización social mantén o 1-O

576_1506844744DLCYKrFXUAAPt3T
INTERNACIONAL

Carles Puigdemont e Oriol Junqueras logran votar

O presidente catalá vota en Cornellà de Terri, após que o seu colexio fose intervido pola policía española

A onde te levam, Catalunha!

Votar imaxe Dani Candal catalunya refrendo
Antidisturbios da policía española entran pola forza en puntos electorais para requisar urnas

Colas para votar nos colexios abertos para o 1-O

Hai grandes colas para votar naqueles colexios que conseguiron abrir para este 1-O. Os Mossos requisaron urnas e fecharon unha quincena de puntos de votación. Antidisturbios da policía española e da Garda Civil están a despregarse fronte algúns colexios e xa realizaron cargas, entre elas, no colexio onde ten que votar o president Puigdemont, que procederon ocupar. Algo que tamén fan onde teñen que votar Forcarrell e Junqueras

Actívase o censo universal para garantir o voto embora se fechen colexios. Isto é, que unha persoa con dereito a voto poderá exercer en calquera colexio electoral, non só no que lle corresponda.