Referendo de autodeterminación de Catalunya

A Generalitat cifra en 3 millóns a mobilización polo 1-O

Son as persoas que votaron e aquelas que, estando  nos locais electorais, non puideron exercer o se dereito ao llo impedir  a policía.

Papeleta Dani Candal
photo_camera Reconto de papeletas do refrendo. Imaxe de Dani Candal

Tres millóns de persoas. Esa é unha primeira estimación da Generalitat da xente que se mobilizou este 1 de outubro. Un número que abranguería non só as persoas que votaron senón tamén aquelas que estando nos colexios electorais, non puideron exercer o seu dereito por impedimentos da policía.

Jordi Turull, conseller de  Presidencia, daba por feito esta tarde que a pesar da violencia policial, a participación no referendo deste domingo vaise contar “por millóns”. Na comparecencia informativa Turull aseguraba tamén que o Estado terá que se explicar nos “tribunais internacionais” polo sucedido neste 1-O.

Informou que a policía logrou fechar 319 colexios electorais e que a cifra de persoas feridas é de 465. “Empregáronse gases lacrimóxenos. É unha salvaxada, un escándalo internacional. A actuación do Estado é de vergoña”.

O portavoz do executivo anunciou que o reconto será “longo”, polo que pediu “compresión e paciencia”, engadindo que “todo nos fai intuír que poderán contarse por millóns”.

Comentarios