Antidisturbios da policía española entran pola forza en puntos electorais para requisar urnas

Colas para votar nos colexios abertos para o 1-O

Hai grandes colas para votar naqueles colexios que conseguiron abrir para este 1-O. Os Mossos requisaron urnas e fecharon unha quincena de puntos de votación. Antidisturbios da policía española e da Garda Civil están a despregarse fronte algúns colexios e xa realizaron cargas, entre elas, no colexio onde ten que votar o president Puigdemont, que procederon ocupar. Algo que tamén fan onde teñen que votar Forcarrell e Junqueras

Actívase o censo universal para garantir o voto embora se fechen colexios. Isto é, que unha persoa con dereito a voto poderá exercer en calquera colexio electoral, non só no que lle corresponda.

Votar imaxe Dani Candal catalunya refrendo
photo_camera Agardando para votar nun colexio electoral. Imaxe: Dani Candal

Ás 9:00 era a hora establecida para comezar as votacións do 1-O. Longas colas e filas de persoas agardaban para exercer o seu dereito a voto naqueles colexios que se mantiñan abertos como puntos de votación. A moitos deles chegaron urnas e papeletas, entre aplausos. Antidisturbios da policía española están despregarse fronte a diversos colexios e xa realizaron cargas, como no colexio onde ten que votar presidente catalán, en Girona; ou en Sabadell e Barcelona. 

Axentes das forzas españolas procederon a ocupar o colexio onde tiña que votar Puigdemont, após despexar os centos de concentrados. Un operativo que están a realizar tamén noutros puntos de votación.

colas para votar imaxe de Dani Candal

Desde a ANC informan que o sistema que empregan para o censo sufriu un ataque e que durante un tempo non se poderá votar. Pinden paciencia.

Defensa

“O dereito a votar gáñase defendendo as escolas”. A xornada de reflexión do 1-O foi unha xornada de festa, compromiso e democracia en moitas escolas e institutos cataláns, ocupados por veciños e veciñas para que este domingo poidan ser colexios electorais, desobedecendo así o ‘diktat’ do Estado español. Unha insubmisión cidadá coas escolas como protagonistas. Os Mossos están a pasar desde as 6:00 por estes colexios, a onde cada vez chega máis xente para defender o dereito a votar. Os Mossos levantan acta da situación e adveren que os locais deben, por orde da xustiza española, ficar baleiros ás 6:00 horas do domingo. En diversos medios recóllese unha circular deste corpo no que se indica que os Mossos, se a esa hora atopan xente nos colexios, absteranse de actuar se as persoas ocupantes se negan a marchar. Escoles Obertas cifra en 1.134 os colexios ocupados.  

Censo universal

Haberá censo universal para garantir o voto embora se fechen colexios. É dicir, que as persoas poidan acudir a votar a calquera centro de votación. Falta por confirmar se o censo universal será só para as persoas que atopen o seu punto de votación fechado ou para todas. 

O portavoz da Generalitat, Jordi Turull, deu a noticia. "Haberá un duplo check de comprobación para que non se poidan repetir os votos". 

Tamén anunciou que, por mor da incautación de sobres, poderase votar sen eles, e que valerán as papeletas imprimidas na casa. Un grupo de académicos, dixo, encargaranse de velar e supervisar o desenvolvemento do refrendo. 

Implicación

Alumnos, nais e pais, asociacións cidadás, colectivos sociais, activistas e militantes, veciñanza... Un amplo colectivo de miles de persoas participan nesta fin de semana en impulsar numerosas actividades en diferentes centros educativos para mantelos ocupados até o domingo e, así, evitar que poidan ser precintados pola policía, que ten orde de impedir que se vote.

O temor é que isto dea pé a que interveñan os miles de policías españois e gardas civís mobilizados desde diferentes lugares do estado e que agardan no Porto de Barcelona a orde para actuar. 

Comentarios