Carles Puigdemont e Oriol Junqueras logran votar

O presidente catalá vota en Cornellà de Terri, após que o seu colexio fose intervido pola policía española

576_1506844744DLCYKrFXUAAPt3T
photo_camera Pugdemont votando

Pouco antes das 10:00 horas, o president catalán, Carles Puigdemont, exercía o voto en Cornellà de Terri, após que o seu colexio fose intervido pola policía española. Era a imaxe que quería evitar o goberno español, de aí que o punto de votación onde tería que votar o president fose dos primeiros en ser ocupados polos antidisturbios, que requisaron urnas e papeletas após despexar ducias de persoas.

ORIOL JUNQUEWRAS

Porén, a Generalitat activara o censo universal, polo que o voto pode exercerse en calquera colexio aberto. Desde ANC denuncian que houbo un ataque informático ao sistema que empregan para o censo, polo que se están a producir adiamentos. 

Oriol Junqueras tamén votou e fíxoo na 'Escola la Guàrdia de Sant Vicenç dels Horts,no seu centro de voto habitual houbo cargas policiais.

Comentarios